SAMAIN
O Samaín é a festa orixen celta máis importante época pagana que dominou Europa ata o cristianismo, na que se celebraba o final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comenzaba coa estación oscura.
A antiga festividade céltica do samaín (pronunciado /ˈsˠaunʲ/ da Lingua irlandesa antiga samain) foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos
A festa do samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados fretando pólas de capudre e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.
Polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño –posteriormente cabazas- para pórlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galiza, destacándose Cedeira- ten continuidade nas festas de Halloween (adaptación do samaín na cultura estadounidense, sendo máis semellante a un entroido), que poderían ter sido exportadas aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX e comezos do XX.
O CIRCO DA LINGUA
O Circo Da Lingua:
Sábado 16 de outubro en Soutomaior
PROGRAMA:
11:30 h ROTEIRO MUSICAL: actividade infantil dirixida polo músico Marcelo González. Durante o roteiro @s moz@s irán reciclando diferentes materiais para construír os seus instrumentos.
Lugar de Saída: Casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)
…11:30 h XOGOS TRADICIONAIS: mostra de xogos tradiconais galegos na que os participantes poderán coñecer e desfrutar das diferentes modalidades do xogo tradicional galego. A partir das 12.00 h comezará o campionato de bolos celtas.
Lugar: Carreira de Bolos do Val-Sobral
14 :00 h XANTAR. Comida popular e sobremesa con diferentes actividades musicais e intervencións. Os bonos para o xantar (15 euros) poderán solicitarse a través do enderezo electrónico: queremosgalegosoutomaior@gmail.com.
Prazo para anotarse ao xantar: mércores 13
16:00 h. CASTELOS INCHÁBEIS PARA NEN@S
Lugar:Alameda de Talorío
16:00 h FEIRA DO LIBRO. Mostra e venda de libros na que participarán diferentes editoriais e librarías galegas.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)
16:00 h FEIRA DE ARTESANÍA. Mostra e venda de diferentes produtos artesanais na que participarán artesáns chegados de diferentes lugares do país.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)
17:00 h ESPECTÁCULOS DE RÚA. Espectáculos de diferentes artistas galegos que amenizarán a xornada con xogos malabares, espectáculos de clown, música, paiasos etc. Nos espectáculos de Rúa contaremos coa presenza das compañías:
Os 7 magníficos +1
O circo escangallado
Lugar: Peirao (Arcade – Soutomaior)
17:30 MESA DE DEBATE “Un futuro en galego: retos de hoxe para unha lingua normalizada”
A palestra contará coas intervencións de :
Anxo Louzao ( Secretario nacional de CIG Ensino)
Bieito Lobeira (Deputado e voceiro de lingua do BNG)
Fran Rei (Portavoz da Plataforma Cidadá Queremos Galego)
Pilar García Negro (Sociolingüista e profesora na Facultade de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña)
Xosé Henrique Costas (Vicerreitor da Universidade de Vigo e Catedrático de Lingua Galega)
Lugar: Multiusos de Arcade (Soutomaior)
20:30 CONCERTOS NA ALAMEDA DE TALORÍO
Güintervan
Nao
Os tres trebóns e os homes sen medo
Som do Galpom
Fai un videoclip
Jabón Blue e PAI Música danvos a oportunidade de facer o videoclip do tema “El baile de los huesos” do novo disco “Flores en la carretera”.
Se sempre quixeches facer un videoclip, tiveches alma de Scorsese ou simplemente tes gañas de demostrar o que podes facer envía o teu videoclip antes do 5 setembro de 2010 a Internet a través da páxina web de PAI-Música.
E ti dirás, para qué? Pois ben, a parte do prestixio, recoñecemento e fama mundial podes conseguir 2 pases de backstage e unha cea co grupo para un concerto a convir, e o máis importante: o teu vídeo será o videoclip oficial do tema!
Todos os participantes recibirán unha camiseta do grupo e os tres discos de Jabon Blue: Flores en la carretera (2010) en formato físico e os albumes La música va por dentro (2006) e By the White (2008) en formato dixital xa que actualmente están esgotados.
Máis info en : PAI MUSICA
XIV Xornadas Pedagóxicas de CANDEA
A asociación de ensinantes do Salnés, CANDEA, vén de presentar ao público as súas Xornadas Pedagóxicas (que van xa pola súa edición número 14) e que estarán centradas na biodiversidade da comarca.
O programadas xornadas arranca o luns día 13 as 4:30 da tarde, onde se abrirá o congreso coas inscripcións e a entrega da documentación. De 5 a 6 impartirase a primeira conferencia que correrá a cargo de Manuel Domínguez Rey títulada «Biodiversidade. A natureza do Salnés». Acto seguido Adela Leiro, Manuel Domínguez y Víctor Caamaño realizarán a presentación titulada «Recursos para traballar a natureza da comarca».
Este día pecharase coa presentación do libro Cabanillas do A ao Z e con un recital poético a cargo do grupo de declamación do IES Ramón Cabanillas.
O martes 14, segundo día das xornadas, a actividade será ao aire libre. Unha saída para coñecer ar árbores da comarca. Saída explicada por Manuel Domínguez Rey e Mon Daporta. A saídas mantendránse ata o final das xornadas: o mércores conoceránse as praias, dunas e areais; o xoves os acantilados; o vernes os recursos para o estudo da natureza, con paradas no Centro de Interpretación de A Siradella, o Museo do Mar e da Salga, e algún astillero.
Como de costume, as actividades englobadas nestas Xornadas están dirixidas ao profesorado e servirán para presentar novos materiais e fomentar o intercambio entre profesionais do ensino; ademais de poñer en valor os recursos que ofrece O Salnés a nivel etnográfico, cultural, natural, literario…
As Xornadas terán como sede o instituto Francisco Asorey, desde o día 13 ao 17 deste mes en horario de tarde, cubrindo un total de 20 horas presenciais. A inscrición é de 30 euros ou de 20 para membros de CANDEA e parad@s. Calquera que así o desexe pode apuntarse nos teléfonos 986530407 ou 986520161.
Ademais de conferencias e presentacións que terán lugar durante o primeiro día das Xornadas destacan as diferentes saídas temáticas para coñecer de cerca o que O Salnés nos ofrece; haberá unha dedicada a árbores, outra a dunhas, praias e areais, outra á costa rochosa e unha última centrada nos recursos para o estudo da natureza. Os ponentes durante as Xornadas serán Víctor Caamaño, Mon Daporta, Manuel Domínguez, Ramón Caride e Adela Leiro
LUGAR: Cambados
Roteiro en bicicleta por Dodro.
| Hora |
11 Setembro · 10:00 – 13:00
|
|---|---|
|
|
|
| Lugar | Igrexa de San Xian de Laiño, Concello de Dodro |
|
|
|
|
|
|
| Máis información | GUIADA POLO PROFESOR DE HISTORIA MANOLO LORENZO BALEIRÓN QUE COMENTARÁ OS DISTINTOS PUNTOS DA RUTA: Igrexa de Laíño-Muiño de Vento-Mámoa da Mina-Pazo de Bendaña-Igrexa de Dodro-Pazo de Lestrove-Pazo de Hermida-Brañas de Laíño-Aguas sulfurosas de Bexo-Mámoas da Paradegua-Castro de Bexo-Petroglifos de Bouza Badín-Campo da festa de Laíño |
Festival Irmandiño
PROGRAMA 2010*/
SÁBADO 21
A partir das 11.00h e ao longo do día:
Exposicións no Castelo
Festival Irmandiño
Mostra de Etnografía e Oficios Tradicionais
Música Ambiental a cargo do compositor local ANGELUS MAERENS
As 13.30h:
Sardiñada e Repichoca Popular
ao carón do Castelo con zona habilitada para xantar
As 16.30h:
Obradoiro Infantil
As 18.30h:
Competición de Xogos Populares
A partir das 22.00h actuación dos grupos:
SLAINTE (Catalunya)
ALALÉ (Irlanda)
QUEMPALLOU (Galiza)
RONCARELA (Galiza)
A partir das 00.00h:
Lectura do pregón a cargo de Isabel Risco e Asalto ao Castelo.
Acampada e aparcamentos gratuítos nas inmediacións do festival
Máis info en: http://www.festivalirmandino.galeon.com/XXXI_Festival.html
Suso de Toro.
O Xoves dia 12 as 20:30 horas, para conversar con seus lectores e asignar libros da sua extensa produccion literaria Suso de Toro estará na librería Nós de Sanxenxo. Particularmente a sua última obra SETE PALABRAS editada por Edicions Xerais de Galicia en galego.
Biografía:
Suso de Toro (Santiago,1956) licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. Escritor, Premio Nacional de Narrativa 2003. Como Narrador publico: Caixón desastre (1983,1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; Polaroid (1986), Premio da Critica Galicia; Land Rover (1988), novela; Ambulancia (1990), novela; Tic-Tac (1993,2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; A sombra cazadora (1994), novela; Conta saldada (1996), novela; Calzados Lola (1997), Premio Blanco Amor 1997; Círculo (1998), relatos; Non volvas (2000), novela, Premio da Crítica Española; Trece badaladas (2002), novela, que fué adaptada libremente al cine por Xavier Villaverde, con título homónimo (2003) y Premio Nacional de Narrativa 2003; Morgún (Lobo Máxico) (2003), novela; Home sen nome (2006), novela; Y Sete Palabras (2009), novela. Escribio libros de periodismo y ensayo. Su obra esta publicada por Xerais en casi su totalidad.








