Month: Novembro, 2008

Cantos na Maré

28 Novembro, 2008 (00:47) | Axenda Cultural | No comments

Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un proxecto cultural pioneiro e exclusivo no estado español, creado en Galiza cunha singular aposta cultural: trazar a través da lingua, da música, dos ritmos e dos sons un mapa común entre os territorios da lusofonía que comparten raíces. CNM é unha iniciativa de aproximación de culturas e do fomento da diversidade, da interacción e da apertura de oportunidades á creación artística e ao intercambio. O espectáculo musical, baseado na investigación e no enriquecemento, representa un dos eixes básicos da estrutura do proxecto. Este intercambio cultural activo é a base da filosofía, resultando un produto musical exclusivo de altísima calidade artística e humana.

Con todo, a música, os concertos, seguen sendo o centro de Cantos, que este ano terá o seu día grande o sábado 13 de decembro. O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a partir das nove da noite un concerto que xuntará, baixo a dirección artística de Uxía e Paulo Borges a Paulinho Moska, Sérgio Godinho, Sara Tavares, Waldemar Bastos e Xabier Díaz. A banda que os acompañará está formada por Jon Luz (Cavaquinho), Quiné (Batería/percusión), Joao Ferreira (Percusión), Rubén Santos (Trombón), Paulo Temeroso (Clarinete, saxo, frauta), Nortos Daiello (Baixo) e Guillermo Fernández (Guitarra). As entradas teñen un prezo entre 10 e 12 euros e poderán adquirirse a partir do 3 de decembro.

Para máis información consultar a páxina web: www.cantosnamare.org

Chuzame! A Facebook A Twitter

Chamate con xeito

25 Novembro, 2008 (02:36) | Campañas doutros colectivos |

A nosa campaña de sensibilización sobre os nomes e apelidos:
CHÁMATE CON XEITO

Coa campaña CHÁMATE CON XEITO (**Llámate con jeito ?) a Área de Normalización da Universidade de Vigo quere suscitar unha reflexión entre a nosa comunidade universitaria acerca de como nos chamamos, de como nos chamaron e de como deberían ser os nosos nomes en galego e en castelán.

Esta campaña pretende chamar á reflexión serena e informada sobre a nosa identidade onomástica. Se oficialmente todos os topónimos galegos son Toxeiro ou Ameixeiras, por que os meus apelidos son Tojeiro e Ameijeiras, cando en castelán serían algo así como *Aliaguero e *Ciruelos ? En que lingua teño correctamente os meus apelidos ? En que lingua debería telos ? Prentedemos con esta campaña que a xente se pare a pensar nisto e logo opte: ou en correcto galego ou en correcto castelán, pero nunca en formas híbridas de ningunha lingua, formas híbridas que non son senón o estigma dunha asimilación non consumada.

Esta campaña CHÁMATE CON XEITO vai dirixida ás persoas que teñen o nome ou o apelido en forma regaleguizable. Por exemplo, Celia López Mariño xa é de seu un nome plenamente galego, pero en Iria Quintana Muíños deberíase regaleguizar o apelido (Quintá) e en Ángeles Sotelo Feijoo habería que regaleguizar o nome completo (Anxos Soutelo Feixó ou Feixoo), porque está en forma híbrida (a forma castelá sería *Ángeles Sotillo Habichuelo).

Nesta campaña CHÁMATE CON XEITO pretendemos que a xente, despois de reflexionar sobre o seu nome e apelidos, teña coñecemento de se estes están en forma galega correcta ou en forma híbrida e, se fose así e quixera, poida poñelos correctamente en galego, porque en moitos casos a forma castelá soaría moi rara ou mesmo sería inexistente, como podemos doadamente comprobar.

Por exemplo, se uns Carlos Ojea Losada e Marina Freijo Otero desexasen galeguizar cadanseus nomes e apelidos, nós poderiámoslles facilitar información sobre eles e tramitarlles informes oficiais da RAG ou do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo nos que constase como deberían ser eses nomes e apelidos en correcto galego, informes destinados aos rexistros civís que é onde se tramitan estes expedientes. Así, nun tempo moi breve, estas persoas deixarían de «llamarse con jeito» e pasarían a «chamarse con xeito»: Carlos Oxea Lousada e Mariña Freixo Outeiro (porque en correcto castelán serían *Carlos Eugenia Losada e *Marina Fresno Cerro).

http://www.chamateconxeito.com/

Chuzame! A Facebook A Twitter

Como facer o teu propio pandeiro.

14 Novembro, 2008 (15:09) | Axenda Cultural | No comments

Programación DUF

Venres 14 Novembro

16:00 h Praza da Ferraría

  • -Apertura da Haima DUF: feira de artesanía musical na que participarán mestres de Galiza (Carlos Collazo, Xaneco Tobío), Portugal (Paulo Meirinhos), Castilla (Victor Barral).
  • -Punto de información xeral
  • -Tetería con especialidades árabes,
  • -Exposición de material bibliográfico e fonográfico.

20:00 h Centro Social Caixanova.-Concerto:

  • Barbod. Irán
  • Leilía. Galiza
  • Mohammed el Sayed. Exipto


Sábado 15 Novembro

10:00 h Museo de Pontevedra

  • -Obradoiro “Fai o teu pandeiro!” O mestre artesán Carlos Collazo dirixe a construción dun pandeiro cadrado, reprodución do orixinal de Perfecto Feijóo -co que se realizaron as primeiras gravacións fonográficas deste instrumento en 1904- conservado no Museo.*Esta actividade conta cun número de prazas limitadas.

11:00 h Praza da Ferraría

  • -Ao encontro de… Mohammed el Sayed na Haima Duf. O maestro exipcio compartirá conversación e té con interesados na súa realidade musical nun encontro de mediación cultural entre artista e público.

12:00 h

  • -Concerto de Tanxedoras, presentando en exclusiva o seu primeiro lanzamento discográfico.

17:30 h

  • -Artesáns en palco: Exhibición musical dos artesáns participantes na feira no escenario central no que presentarán os seus instrumentos interpretando repertorio específico das súas tradicións musicais.

20:00 h

  • -Serán Urbano: Concerto aberto inaugurado polas futuras promesas xurdidas no selo da AFI de Pontevedra e actuacións de tocadores de pandeiros de man afeizoados e experimentados músicos da bisbarra pontevedresa. Tamén haberá unha representación dos colectivos de mulleres árabes na Galiza.


Domingo 16 Novembro

10:00 h-14:00 h Casa das Campás

  • -Master class de pandeireta galega impartida por Felisa Segade (30 €)
  • -Concerto, exhibición de repertorio e técnica galega a cargo de Felisa Segade.
  • -Presentación de Etnofolk do número especial da Revista galega de etnomusicoloxía Etnofolk, nº8. Coordinado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque (CMTF) que inclúe traballos presentados por profesores do encontro internacional de pandeiros de mao de Pontevedra nas edicións pasadas.

* para inscripción nos cursos:

  • no correo: matricula@folque.com
  • no teléfono: 881 031829
Chuzame! A Facebook A Twitter

Lendas Douradas feitas música

13 Novembro, 2008 (23:02) | Axenda Cultural | No comments

Lendas Douradas é un novo albúm de Roi Casal, de música pop galega pero combinando a música máis tradicional, con letras de grandes poetas da nosa lingua acompañados da arpa celta e de instrumentos menos tradicionais.

O autor deste disco «quere que a súa interpretación da música tradicional sexa válida para o público contemporáneo a él».

A música tradicional, a poesía e a vangarda dun estilo musical ligado a Galicia fusiónanse en Roi Casal dunha forma natural e harmónica, sen imposicións e sen modas.

Nace así Lendas Douradas, resultado dun proceso de interpretación da cultura dun país baixo a perspectiva dun cidadán do século XXI. Un disco para unha nova xeración de galegos e galegas que ven no feito diferencial de todas as culturas do mundo, o meirande tesouro que posúe a humanidade.

Lendas Douradas recolle 12 temas maioritariamente cantados e compostos por Roi Casal sendo froito dun coidado estudo da música tradicional, medieval e da poesía galega onde se aposta polo idioma galego como soporte fundamental.

Nunha clara aposta pola música galega dende Arelas de Aquelar queremos dar a coñecer este novo disco como no seu día fixemos co disco de Cinsa Namorada de Tino Baz. A música é parte da nosa cultura.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O Magosto

7 Novembro, 2008 (18:25) | Artigos/ Feitos Históricos | No comments

O magosto é unha festa tradicional galega que se celebra no mes de novembro entre o día 1 Día de Tódolos Santos e o día 11 Día de San Martiño cuios elementos principais son a castaña e o fogo. Esta festa ten claros signos de orixe celta.

Hai varias teorías sobre a orixe do término Magosto: Magnus Ustus ( gran fogo) ou Magum Ustum (que resalta o carácer máxico do fogo)

Para os celtas, o primeiro de Novembro marcaba a data do fin do ano, a pasatempo do verao ao inverno, da época na que a vida se realizaba no exterior à época na que a vida se faciano interior da morada ao pe do lume da lareira.

Ese dia era chamado polos gauleses Samónios e polos irlandeses Samhain ou Samhaim e era unha festa à cal acodian todas as persoas dos poboados celebrando-se unha serie de rituais relacionados con a xustiza, o dereito e a política à vez que dun punto de vista relixioso acreditaba-se que a porta do Sidh, do alén, do lugar onde moraban os mortos, era aberta para que aquelas persoas que tiñan deixado este mundo puidesen comunicar mais outra vez con aquelas outras que aínda non o tiñan deixado.

Mais aínda hai outro elemento: A noite dos rituais de maxia druídicos, agora convertido en noite das bruxas era tradicionalmente a véspera do Samhain/Magusto, dia do fin do ano céltico que agora, esquecidas as tradicións proto-históri

cas seguirá a ser tamén o dia de fin de ano, mas desta vez segundo criterios modernos á que o novo fin de ano nos vai ser nel o vello 31 de Outubro non o novo 10 de Novembro, mas o 31 de Decembro dia de San Silvestre, un dos primeiros papas da época do Emperador Constantino e tamén velho defensor do cristianismo face o paganismo. Foi ele que prohibiu os rituais de maxia herdados da tradición pré-cristiá.

Para celebrar o día del Magosto, é costume ir a un monte cércano e prender unha fogueira na cal ásanse carne de porco, os chourizos e as castañas. Unha vez hai brasas, colocase sobre elas un cilindro metálico con buracos na sua base, chamado tambor, no que se estenden as castañas as que previamente se lles fixo un corte nun extremo para que non salten ou exploten. Unha vez asadas pélanse e a comer.

É común tisnarse a cara cos restos da fogueira, xa que trae sorte.

As festas irmáns a do magosto son as festa de gaztañarre no País Vasco, o maguestu en Asturias, a magosta en Cantabria, a castañada en Cataluña e a chiquitía, chaquetía, calvochá o magosto (chamada nalgúns lugares é igual que en Galiza) en Estremadura. Tamén se coñece como magosto o asado de castañas na rexión do Bierzo. En Portugal taménse atopa esta tradición e se denomina magusto.

Cada un temos un recordo especial dun magosto: o do colexio, oda aldea, o da pandilla ¿ é o teu cal é?

Chuzame! A Facebook A Twitter

OUTRA OLLADA A SANXENXO

6 Novembro, 2008 (21:37) | Actividades | No comments

A indiscutible vocación turística do Salnés tende a orbitar entorno á praia e aspectos gastronómicos, relegando a un segundo plano (ou mesmo obviando) o enorme patrimonio cultural (castros, petróglifos, torres e castelos, patrimonio oral…) e natural desta comarca. Unha poderosa razón para incluír estes aspectos na oferta turística estriba na súa capacidade para desestacionalizar a oferta: o patrimonio cultural pode ser visitado e coñecido todo o ano, mentres que a migración das aves acuáticas, un dos principais valores naturais da comarca, acada o seu mellor momento de observación entre os meses de outubro e marzo.

Esta actividade, organizada pola Asociación Cultural Arelas de Aquelar, ten por obxectivos:

  • Transmitir coñecementos e potencialidades do patrimonio do municipio de Sanxenxo.
  • Achegar nocións para o seu aproveitamento ameno con grupos organizados.
  • Estimulación aos participantes para o coñecemento e conservación do seu contorno.

A actividade consistirá nun achegamento aos patrimonio natural e cultural da comarca, identificando as potencialidades de cada recurso. Constará dunha charla coloquio o Xoves día 30 a partires das 20:00 na Casa Forestal de Noalla e dun percorrido o domingo día 2 con saída as 10 da maña do aparcamento xunto o campo de fútbol do Noalla.

  • Charla – coloquio «Outra ollada a Sanxenxo», abordando as posibilidades interpretativas e divulgativas de:
  • Formación e dinámica da Ría.
  • Sistemas do Complexo Intermareal Umia – O Grove: dunas, lagoas, enseadas, marismas, cantís…
  • Adaptacións de fauna e flora ás condicións da franxa intermareal, e interrelacións cos aproveitamentos pesqueiros e marisqueiros.
  • A migración das aves acuáticas.
  • Aproveitamentos tradicionais na costa: Telleiras, salinas, salgazón, e recollida de algas.
  • Patrimonio histórico: Torres defensivas (sistema Lanzada – Santomé – Catoira), asentamentos castrexos, etc.
  • Tradición oral e inmaterial: xentilicios, rivalidades, lendas (Ero, nove ondas…), toponimia, etc.
  • Equipamentos e instalacións presentes na comarca.
  • Percorrido guiado por varios lugares do municipio, coñecendo os seus compoñentes físicos (paisaxe…), biolóxicos (fauna do intermareal rochoso, dunas, algas, adaptacións…) e ecolóxicos (papel das dunas no equilibrio da praia). Así, o roteiro inclúe:

    • Presentación. Descrición básica dos medios litorais do municipio.

    • Achegamento ao tómbolo da Lanzada, coñecendo as adaptacións das plantas de duna.
    • Percorrido pola Punta Ostreira (Noalla): observación de aves acuáticas e plantas salobres, e explicación das antigas salinas (que dan nome á comarca do Salnés).
    • Visita á Punta da Nosa Sra.:
    • Nocións de xeoloxía (na zona recoñécense masas de rochas metamórficas atravesadas por masas graníticas). Petroglifos

    • Explicación de elementos culturais: patrimonio oral asociado a este enclave, Capela da Nosa Señora e restos da Torre de vixilancia fronte a invasións de viquingos e sarracenos e a Revolta Irmandiña.

Todos aquiles que quieran obter un certificado de asistencia deben comunicalo con anterioridade a asociación o mail info@arelasdeaquelar.com ou ben a secretaria@arelasdeaquelar.com. A través destes correos facilitaranse toda a información que desexes coñecer sobre a actividade.

Dita actividade é gratuita e de libre asistencia.

Moitas Grazas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O Samaín

6 Novembro, 2008 (17:58) | Artigos/ Feitos Históricos | No comments

As portas do outromundo ábrense de na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro para que ánimas poidan vir visitar este mundo. A celebración do Samaín estivo sempre moi presente na cultura do noso país e a súa importancia foi moito maior do que se poida pensar.

A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno, nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ao carón do lume da lareira.

A antiga festividade céltica do samain foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos. A festa do samain, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Olark Livehelp