O Magosto
O magosto é unha festa tradicional galega que se celebra no mes de novembro entre o día 1 Día de Tódolos Santos e o día 11 Día de San Martiño cuios elementos principais son a castaña e o fogo. Esta festa ten claros signos de orixe celta.
Hai varias teorías sobre a orixe do término Magosto: Magnus Ustus ( gran fogo) ou Magum Ustum (que resalta o carácer máxico do fogo)
Para os celtas, o primeiro de Novembro marcaba a data do fin do ano, a pasatempo do verao ao inverno, da época na que a vida se realizaba no exterior à época na que a vida se faciano interior da morada ao pe do lume da lareira.
Ese dia era chamado polos gauleses Samónios e polos irlandeses Samhain ou Samhaim e era unha festa à cal acodian todas as persoas dos poboados celebrando-se unha serie de rituais relacionados con a xustiza, o dereito e a política à vez que dun punto de vista relixioso acreditaba-se que a porta do Sidh, do alén, do lugar onde moraban os mortos, era aberta para que aquelas persoas que tiñan deixado este mundo puidesen comunicar mais outra vez con aquelas outras que aínda non o tiñan deixado.
Mais aínda hai outro elemento: A noite dos rituais de maxia druídicos, agora convertido en noite das bruxas era tradicionalmente a véspera do Samhain/Magusto, dia do fin do ano céltico que agora, esquecidas as tradicións proto-históri
cas seguirá a ser tamén o dia de fin de ano, mas desta vez segundo criterios modernos á que o novo fin de ano nos vai ser nel o vello 31 de Outubro non o novo 10 de Novembro, mas o 31 de Decembro dia de San Silvestre, un dos primeiros papas da época do Emperador Constantino e tamén velho defensor do cristianismo face o paganismo. Foi ele que prohibiu os rituais de maxia herdados da tradición pré-cristiá.
Para celebrar o día del Magosto, é costume ir a un monte cércano e prender unha fogueira na cal ásanse carne de porco, os chourizos e as castañas. Unha vez hai brasas, colocase sobre elas un cilindro metálico con buracos na sua base, chamado tambor, no que se estenden as castañas as que previamente se lles fixo un corte nun extremo para que non salten ou exploten. Unha vez asadas pélanse e a comer.
É común tisnarse a cara cos restos da fogueira, xa que trae sorte.
As festas irmáns a
do magosto son as festa de gaztañarre no País Vasco, o maguestu en Asturias, a magosta en Cantabria, a castañada en Cataluña e a chiquitía, chaquetía, calvochá o magosto (chamada nalgúns lugares é igual que en Galiza) en Estremadura. Tamén se coñece como magosto o asado de castañas na rexión do Bierzo. En Portugal taménse atopa esta tradición e se denomina magusto.
Cada un temos un recordo especial dun magosto: o do colexio, oda aldea, o da pandilla ¿ é o teu cal é?



