Cantos na Maré
Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un proxecto cultural pioneiro e exclusivo no estado español, creado en Galiza cunha singular aposta cultural: trazar a través da lingua, da música, dos ritmos e dos sons un mapa común entre os territorios da lusofonía que comparten raíces. CNM é unha iniciativa de aproximación de culturas e do fomento da diversidade, da interacción e da apertura de oportunidades á creación artística e ao intercambio. O espectáculo musical, baseado na investigación e no enriquecemento, representa un dos eixes básicos da estrutura do proxecto. Este intercambio cultural activo é a base da filosofía, resultando un produto musical exclusivo de altísima calidade artística e humana.
Con todo, a música, os concertos, seguen sendo o centro de Cantos, que este ano terá o seu día grande o sábado 13 de decembro. O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a partir das nove da noite un concerto que xuntará, baixo a dirección artística de Uxía e Paulo Borges a Paulinho Moska, Sérgio Godinho, Sara Tavares, Waldemar Bastos e Xabier Díaz. A banda que os acompañará está formada por Jon Luz (Cavaquinho), Quiné (Batería/percusión), Joao Ferreira (Percusión), Rubén Santos (Trombón), Paulo Temeroso (Clarinete, saxo, frauta), Nortos Daiello (Baixo) e Guillermo Fernández (Guitarra). As entradas teñen un prezo entre 10 e 12 euros e poderán adquirirse a partir do 3 de decembro.
Para máis información consultar a páxina web: www.cantosnamare.org