Month: Decembro, 2008

O Apalpador.

26 Decembro, 2008 (23:23) | Artigos/ Feitos Históricos, Campañas doutros colectivos | No comments

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento.

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

O Apalpador quer ser o teu amigo… en Facebook
A intervención e participación nas redes sociais contribuíu altamente á divulgación desta personaxe. Co apoio da plataforma ridiculista Sei o que nos Figestes, creouse mesmo un grupo no Facebook chamado O Apalpador quer ser o teu amigo. Tres semanas despois da súa creación, xa conta con máis de 300 membros.

Ademais, nos últimos días sóubose dun outro nome que leva esta figura no sur do país: O Pandigueiro. Este baixaba da Cabeza Grande pola banda de Trives e de que se agochaba na Raíña Loba pola banda do val do Salas. A cantiga chamábao: «Pandigueiro na noitiña, Pandigueiro vén axiña».

A cantiga de Amadora de Galego

Vai-te logo meu ninín/niniña,
marcha agora pra camiña.
Que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.

Xa chegou o día grande,
E virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa vén relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo
.

Cantiga de Amadora de Galego, labrega de 79 anos en Romeor do Courel
(Recollida en 1994 por José André Lôpez Gonçâlez)

Dende A Gentalha do Pichel animan a que se reintroduza esta figura para popularizala entre os máis pícaros.

Chuzame! A Facebook A Twitter

BO NADAL E FELICES FESTAS

23 Decembro, 2008 (12:27) | Sen clasificar | No comments

Dende Arelas de Aquelar queremos desexarvos BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Chuzame! A Facebook A Twitter

O noso Nadal, galego e verde

23 Decembro, 2008 (12:11) | Campañas doutros colectivos, Sen clasificar |

O Consello da Xuventude de Galicia www.cxg.org, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e da Área de Medio Ambiente, elaborou a Guía «O NOSO NADAL, GALEGO E VERDE« cuxo obxectivo principal é promover entre toda a poboación, especialmente entre os mozos e mozas, un Nadal en galego e un Nadal verde, para o que se facilitan alternativas e ideas para celebrar estas festas recuperando tradicións propias, respectando o medio e sendo orixinais.

A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde.
Curtas na Rede Pincha na imaxe para ver o cartel co contido do programa.
A guía de galego ofrece información para vivir un Nadal íntegramente en galego e recuperar tradicións que se están a perder ou son descoñecidas entre a poboación xuvenil, como poden ser os cantares de Nadal ou algunhas receitas típicas galegas propias desta época. Por outra banda, tamén se dan algunhas suxestións para agasallar literatura, música ou novas tecnoloxías en galego.

Polo que respecta á guía verde, facilítanse consellos para que a celebración destas festas sexan máis ecolóxicas e respectuosas co medio, cos animais e coas plantas, deste xeito a nosa pegada ecolóxica será menor. As propostas refírense aos diferentes aspectos do Nadal: a decoración das casas, a iluminación e acondicionamento, a compra dos alimentos, os agasallos e, finalmente, os residuos. Neste sentido, ofrécense receitas verdes e
ideas sobre regalos alternativos, ecolóxicos e solidarios.

Ademais, a guía recolle cinco contos de Nadal, creados especialmente para esta ocasión por Anxos Sumai, Francisco Castro, Santiago Jaureguizar, Tamara Canosa e Victoria Rozados. Tamén se recollen dous contos tradicionais de H. C. Andersen: «O Abeto» e «A nena dos mistos».
Chuzame! A Facebook A Twitter

O Apóstolo.

16 Decembro, 2008 (15:01) | Axenda Cultural | No comments

Un convicto recen fuxido do cárcere, tratará de recuperar un botín escondido anos atrás nunha solitaria e apartada aldea; pero o que alí atopará supon unha condena aínda maior da que xa sufriu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un estraño sacerdote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago cruzarán os seus camiños nunha historia de terror, humor e fantasía.

.

Agora podes formar parte ti tamen dela, podes axudarnos a producila. Para elo a productora pon a disposición de todos aqueles que soñaron algunha vez con ser productores dunha película a poder selo a partires de participacións de 30€.

A película estrearase en xulio do 2010 coincidindo co ano Xacobeo, pero se queres saber máis deste proxecto non dúbides en visitar a sua Web: http://www.oapostolo.es

Xanaz, aldea catalogada como abandonada, atópase escondida nun lugar remoto das montañas de Lugo; pero nin a falsa quietude das súas pedras milenarias, nin os frondosos bosques que a rodean e ocultan, nin sequera a súa tranquila capela, lugar de repouso e reflexión, poden ocultar a sinistra historia alí acontecida.

En 1348, en pleno apoxeo do camiño de Santiago un peregrino, afectado pola Peste Negra chegada a Galicia, entrou no pobo. Ao principio ninguén sospeitou das súas estrañas manchas e a súa alta febre, pero cando se quixeron percatar, todo o lugar estaba afectado.

A pesar de clausurar casas cos seus habitantes no interior e queimar os cadáveres, a enfermidade comezou a correr as súas anchas polo lugar.

Xanaz, converteuse nun pobo maldito, aínda que ninguén puido saír nunca de alí para contalo,….,ata agora.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Ofrenda de Fadas no Portal de Belén»

15 Decembro, 2008 (14:18) | Axenda Cultural | No comments

Hoxe luns ás 17.30 horas a Asociación de Ensinantes do Salnés “Candea”, vai facer unha rolda de prensa co obxecto de presentar a publicación “Ofrenda da Fadas no Portal de Belén”, texto de Cabanillas, con ilustración de artistas de Cambados. Na rolda de prensa contárase coa presenza da Delegada de Cultura , María Xesús López Escudeiro. O lugar de celebración da mesma será a Fundación Comarcal do Salnés.

Chuzame! A Facebook A Twitter

FLOCOS.TV

14 Decembro, 2008 (21:14) | Na rede | No comments

Flocos.tv pretende ser un excelente escaparate no que facer visible unha gran parte da produción audiovisual galega. Trátase en moitos casos de producións difíciles de ver noutras pantallas, e noutros de creacións rescatadas do esquecemento que forman parte xa da nosa historia. O portal tamén se abrirá á industria audiovisual como ferramenta para as súas campañas de promoción.

pódense ver en Flocos.tv 25 curtametraxes galegas de diferentes formatos, estilos e épocas, desde creacións recentes ata clásicos da produción do país. Os fondos desta pantalla do audiovisual galego en internet irán medrando de forma paulatina. Pronto se incorporarán outro tipo de obras audiovisuais, como documentais, obras experimentais, longametraxes, etc.

Cada día estrearase na web unha nova obra, e cada dúas semanas porase en marcha un novo ciclo temático. Unha das características máis notables é a alta calidade na que se poderán ver as obras na web, moi superior a habitual en portais como Youtube.com, e coa posibilidade incluso de dispoñer de audiovisuais en calidade HD.

En Flocos.tv pódense atopar agora mesmo curtametraxes de ficción, animación, documentais e experimentais. Entre os títulos cos que se pon en marcha o portal atópanse clásicos como «Coruña imposible» (Paco Rañal, 1995), «25×24″ (Antón Caeiro, 1985) e «Tranvías de La Coruña», o máis antigo documental galego que se conserva, datado en 1926.

Pero o núcleo da web compóñeno as obras actuais que permiten ao espectador coñecer por onde van as liñas de traballo dos creadores que protagonizan o período máis dinámico na historia do audiovisual galego. Pezas de ficción como «Galicia 2098″ de Edu Lavandeira e «Mind the gap» de Daniel Domínguez; curtas de animación como «O ataque dos kritters asasinos» de Sam Orti Martí e «A meiga chuchona» de Pablo Millán; curtas documentais como «Conversas com Deus» de Lara Bacelo e «Contactos» de Marcos del Pino; e curtametraxes experimentais como «Cuestión» de Estela Pan Vázquez e «Katiusca (os corpos agrícolas)» de Antón Coucheiro. Todas elas forman parte da relación de curtas presentes nesta web que aspira a converterse no cineclub do audiovisual galego.

Ligazóns
Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornada sobre as especies exóticas

7 Decembro, 2008 (21:49) | Axenda Cultural | No comments

Chuzame! A Facebook A Twitter

Olark Livehelp