O noso Nadal, galego e verde
O Consello da Xuventude de Galicia www.cxg.org, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e da Área de Medio Ambiente, elaborou a Guía «O NOSO NADAL, GALEGO E VERDE« cuxo obxectivo principal é promover entre toda a poboación, especialmente entre os mozos e mozas, un Nadal en galego e un Nadal verde, para o que se facilitan alternativas e ideas para celebrar estas festas recuperando tradicións propias, respectando o medio e sendo orixinais.
A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde.

A guía de galego ofrece información para vivir un Nadal íntegramente en galego e recuperar tradicións que se están a perder ou son descoñecidas entre a poboación xuvenil, como poden ser os cantares de Nadal ou algunhas receitas típicas galegas propias desta época. Por outra banda, tamén se dan algunhas suxestións para agasallar literatura, música ou novas tecnoloxías en galego.
Polo que respecta á guía verde, facilítanse consellos para que a celebración destas festas sexan máis ecolóxicas e respectuosas co medio, cos animais e coas plantas, deste xeito a nosa pegada ecolóxica será menor. As propostas refírense aos diferentes aspectos do Nadal: a decoración das casas, a iluminación e acondicionamento, a compra dos alimentos, os agasallos e, finalmente, os residuos. Neste sentido, ofrécense receitas verdes e ideas sobre regalos alternativos, ecolóxicos e solidarios.
Ademais, a guía recolle cinco contos de Nadal, creados especialmente para esta ocasión por Anxos Sumai, Francisco Castro, Santiago Jaureguizar, Tamara Canosa e Victoria Rozados. Tamén se recollen dous contos tradicionais de H. C. Andersen: «O Abeto» e «A nena dos mistos».