Month: Febreiro, 2009

Programa Ríos de Lingua e Cultura

15 Febreiro, 2009 (11:17) | Sen clasificar | 1 comment

O Proxecto Ríos posúe de seu unha importante vertente cultural. Para facer fincapé no patrimonio cultural presente nos ríos, o Proxecto Ríos deseñou o Proxecto Ríos de Lingua e Cultura, que pretende fomentar o emprego da lingua galega dende o ecoloxismo e a educación ambiental, mediante a recollida e divulgación de nomes asociados aos cursos fluviais. Queremos achegar á cidadanía a riqueza cultural e lingüística que o noso país agocha e que está a piques de se perder, manténdoa viva. Nesta primeira xeira a temática elixida será a fauna e flora (nomes, usos de plantas, tipos de pesca e/ou cazas de animais, receitas, etc). O programa terá continuidade en anos vindeiros centrándose noutras temáticas asociadas aos ríos, toponimia, cantigas, contos e lendas, etc.

Ríos de lingua e Cultura será un programa participativo no que grupos de persoas (centros de ensino, familias, asociacións culturais, etc) recollerán nomes e aspectos culturais asociados á fauna e flora dos cursos fluviais. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza do noso patrimonio inmaterial e que este se manteña no tempo. Para o desenvolvemento do programa o Proxecto Ríos vai editar un manual e unha guía de campo que se enviará a todas as persoas interesadas en participar. Coas achegas dos voluntarios e das voluntarias faremos unha nova guía coa intención de divulgar este patrimonio.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O Garavanzo, o Sapo e o Zapato» (ou de como atopar a media laranxa)

11 Febreiro, 2009 (21:47) | Sen clasificar | No comments

O martes  17 de febreiro, ás 19:30 h na Biblioteca Pública de  Pontevedra,

A Loca-Motora presenta o seu  espectáculo de contos para adultos: «O Garavanzo, o Sapo e o Zapato»  (ou de como atopar a media laranxa)
O espectáculo é un  contacontos que fala do amor, dos encontros e desencontros. A través das dúas  actrices da compañía achégase a este sentimento universal con referencias e  guiños cómicos aos contos clásicos infantís, ao cine, á publicidade, á  tradición, á literatura e poesía, á música.

Dende A Loca-Motora quixemos crear un espectáculo de contos sobre O Amor, ese sentimento. Decidimos realizalo para adultos, homes e mulleres que gusten de ler e de escoitar relatos. «O Garavanzo, O Sapo eo Zapato» é un contacontos intimista e literario para adultos, que a través das dúas actrices da compañía, aborda o tema da búsqueda do Amor, os encontros e desencontros de amores. Con referencias e guiños cómicos aos clásicos da literatura infantil, ao cine, á publicidade, á tradición, á música e á literatura. O espectador escoitará fermosos relatos de Angeles Mastretta, Xosé Saramago, Isabel Allende…
«O Amor, como a Eternidade é unha  ambición, unha fermosa ambición da Humanidade» -Alessandro Baricco,  Novecento-.
www.alocamotora.com
http://www.alocamotora.com/locamotoragaravanzo.html

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Polo Salnés con Ramón Cabanillas»

10 Febreiro, 2009 (18:57) | Axenda Cultural | No comments

O mércores11 de febreiro as 20 horas no centro comarcal do Salnés, en Cambados, presentase o libro » Polo Salnés con Ramón Cabanillas» de Eduardo Baamonde, e a inauguración da exposición fotográfica co mesmo titulo cos fotógrafos do Salnés:
Iñaki Abella, Quico Alvarez, Eduardo Apariz, Luis Barreiro, Mónica Irago,
Martina Miser, Emilio Moldes, Jose Luiz Oubiña,
Carlos Puga, Xaquín Rosales, Mónica Vila.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Cursos de voluntariado

9 Febreiro, 2009 (12:03) | Cursos/formación | No comments

Aberto o prazo para anotarse en varios cursos de formación de marzo

A inscrición aínda permanece aberta para algún dos que se levarán a cabo ao longo deste mes de febreiro.
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade vén de abrir o prazo de inscrición en once cursos do Programa de Formación do Voluntariado 2009 que se impartirán durante o vindeiro mes de marzo.

Os cursos nos que xa está aberta a inscrición son Curso de voluntariado social 2009 (en liña), Obradoiro de desenvolvemento creativo (A Coruña), Voluntariado e inclusión social: traballando a comunicación e a resolución de conflitos (Salceda de Caselas) e Captación, permanencia e automotivación na acción voluntaria, que se levará a cabo na Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.

Logo, en Pontevedra, Lugo e Cangas impartirase Formación e equipamento do Voluntariado en Defensa do Monte Galego.

Polo que respecta aos cursos deste mes de febreiro, continúa aberto o prazo para inscribirse en Voluntariado e autonomía persoal: as habilidades persoais e sociais da persoa voluntaria 2009 (Salceda de Caselas), A convivencia entre profesionais e voluntarios/as 2009 (A Coruña e Vigo), Deseño, avaliación e xustificación de proxectos 2009 (en liña), Orientación e GPS no Voluntariado do Monte Galego 2009 en Vigo e Xestión integral das ONL: novo plan contable 2009, que se levará a cabo en Santiago.

Os interesados poden anotarse cubrindo os correspondentes formularios de inscrición.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Chicho e a Santa Compaña

7 Febreiro, 2009 (11:53) | Axenda Cultural | No comments

Quen dende neno ou nena ao carón do lume, dunha noite de treboada, non escoitou historias fantásticas da Santa Compaña?. Ven… aquel, pero quitando o amargado. Quen non has escoitou?. Que sí… que o xordo obviamente tampouco. Pero ídesme deixar contar o choio ou ides estar amolando?… Iso está mellor.

Hai algo nas historias de terror, que fainos sentir asustados/as, coma cando éramos nenos/as, protexidos do mundo pola soa presenza dos nosos dous pais… ou da nosa nai.

Sobre a Santa Compaña teño escoitado falar, con respecto e certo temor, ao farmacéutico que a mirou de lonxe, ao médico e a homes e mulleres de seriedade inmaculada. Aínda que claro, tamén os teño escoitado falar con temor da Garda Civil.
Pero para coñecer a verdade, nada mellor que falar con Chicho ou coa súa muller Minia, eles descubriron que hai cousas mais alá da vida e da morte, cousas que te poden matar… do riso….

Sábado, 7 de febreiro de 2009

21.30 horas

Pazo Emilia Pardo Bazán- SANXENXO

Clasificación: Comedia/ Adultos

Duración: 1hora e 30 minutos

Entrada: 3,50 Euros, á venda unha hora antes do seu inicio

FICHA ARTÍSTICA:

Autor: Jose M. Gómez e Xosé Manoel Conde
Dirección: Xoan Abreu
Escenografía: Xulio Cela
Son: Alberto Sixto
Iluminación: Lambríaca Producións, S.L.
Vestiario: La Canalla

Elenco artístico: FRAN PELETEIRO- HUMY DONADO- XULIO CELA- XOSE MANOEL CONDE


Chuzame! A Facebook A Twitter

Olark Livehelp