Cursos de voluntariado

9 Febreiro, 2009 (12:03) | Cursos/formación

Aberto o prazo para anotarse en varios cursos de formación de marzo

A inscrición aínda permanece aberta para algún dos que se levarán a cabo ao longo deste mes de febreiro.
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade vén de abrir o prazo de inscrición en once cursos do Programa de Formación do Voluntariado 2009 que se impartirán durante o vindeiro mes de marzo.

Os cursos nos que xa está aberta a inscrición son Curso de voluntariado social 2009 (en liña), Obradoiro de desenvolvemento creativo (A Coruña), Voluntariado e inclusión social: traballando a comunicación e a resolución de conflitos (Salceda de Caselas) e Captación, permanencia e automotivación na acción voluntaria, que se levará a cabo na Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.

Logo, en Pontevedra, Lugo e Cangas impartirase Formación e equipamento do Voluntariado en Defensa do Monte Galego.

Polo que respecta aos cursos deste mes de febreiro, continúa aberto o prazo para inscribirse en Voluntariado e autonomía persoal: as habilidades persoais e sociais da persoa voluntaria 2009 (Salceda de Caselas), A convivencia entre profesionais e voluntarios/as 2009 (A Coruña e Vigo), Deseño, avaliación e xustificación de proxectos 2009 (en liña), Orientación e GPS no Voluntariado do Monte Galego 2009 en Vigo e Xestión integral das ONL: novo plan contable 2009, que se levará a cabo en Santiago.

Os interesados poden anotarse cubrindo os correspondentes formularios de inscrición.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp