«O Garavanzo, o Sapo e o Zapato» (ou de como atopar a media laranxa)
O martes 17 de febreiro, ás 19:30 h na Biblioteca Pública de Pontevedra,
A Loca-Motora presenta o seu espectáculo de contos para adultos: «O Garavanzo, o Sapo e o Zapato» (ou de como atopar a media laranxa)
O espectáculo é un contacontos que fala do amor, dos encontros e desencontros. A través das dúas actrices da compañía achégase a este sentimento universal con referencias e guiños cómicos aos contos clásicos infantís, ao cine, á publicidade, á tradición, á literatura e poesía, á música.
Dende A Loca-Motora quixemos crear un espectáculo de contos sobre O Amor, ese sentimento. Decidimos realizalo para adultos, homes e mulleres que gusten de ler e de escoitar relatos. «O Garavanzo, O Sapo eo Zapato» é un contacontos intimista e literario para adultos, que a través das dúas actrices da compañía, aborda o tema da búsqueda do Amor, os encontros e desencontros de amores. Con referencias e guiños cómicos aos clásicos da literatura infantil, ao cine, á publicidade, á tradición, á música e á literatura. O espectador escoitará fermosos relatos de Angeles Mastretta, Xosé Saramago, Isabel Allende…
«O Amor, como a Eternidade é unha ambición, unha fermosa ambición da Humanidade» -Alessandro Baricco, Novecento-.
www.alocamotora.com
http://www.alocamotora.com/locamotoragaravanzo.html
