Month: Abril, 2009

ROTEIRO DE SENDERISMO. 9 DE MAIO

30 Abril, 2009 (15:05) | Actividades | No comments

cartaz002

Os obxectivos fundamentais do roteiro son dar a coñecer o entorno natural e histórico desta zona observando dous
conxuntos de pedras singulares : Con da Ventureira e Pedra Cabalaria, esta última un dos poucos exemplares de pedras oscilantes da comarca; ámbalas dúas seguramente ligadas a certo tipo de ritos que perduraron no tempo. Dende o punto de vista histórico, contemplar algunha das mámoas do conxunto existente neste chan e que son o testemuño do poboamento da zona dende tempos do Neolítico e períodos posteriores .
Dende o punto de vista natural e paisaxístico, é unha paraxe de indubidable interese polas súas singulares características.

O prantexamento do roteiro consiste nunha visita guiada pero moi aberta ao aporte de cada unha das persoas que participemos, ou sexa, máis compartir coñecementos que “rollos” dirixidos.

Contido:
As pedras singulares e o seu posible significado.
Posibles lendas con elas relacionadas.
Os enterramentos megalíticos:Estrutura. Función.
O medio natural da zona.

¿Cantos de nos viu unha mámoa? ou ¿cantos coñecemos as mámoas que existen en San Xenxo? Pois dende Arelas de Aquelar queremos que se coñezcan é que aprendamos a identificalas.

mamoa

Conxunto megalítico Chan de Gorita

O conxunto megalítico conocido como Chan de Gorita está integrado por catro mámoas, inda que non se descarta a presenza doutros monumentos enmascarados pola densa vexetación do entorno. O antigo coñecemento queda avalado polos signos de espolio que presentan a totalidade dos túmulos e o topónimo de Petouto dos Cregos, que recibe unha das mámoas.

Inda que quizais os espolios tiveron lugar en épocas anteriores foi a raíz da autorización dada por Felipe III no século XVII ao clérigo Vázquez das Orxas para explorar estos monumentos e retirar o ouro que contuvesen, o que propiciou o surximiento duhna fiebre do ouro entre a poboación que conlevou a apertura clandestina de máis de 3000 mámoas en toda Galicia.

As mámoas presentanse como abultamentos doterreno de entre 20 e 30 metros de diámetro e cunha altura que non supera os dous metros e medio. A densa cuberta vexetal fai que sóio cun poco de paciencia e intuición poidamos distinguilas. A falta de excavaciones impide o coñecemento da topoloxía das antas e demás estructuras que conforman estos monumentos funerarios.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os Maios. A orixe.

29 Abril, 2009 (18:56) | Artigos/ Feitos Históricos | 4 comments

imga0227

Hai varias teorías para explicar a orixe da festa dos maios. Algúns pensan que naceu no Paleolítico e outros coidan que apareceu no Neolítico, cando apareceu a agricultura.

En calquera caso, o que si parece claro é que nun principio os maios naceron como un ritual para invocar dos deuses a protección dos productos sementados na terra. Trátase dun rito agrario, encamiñado a propiciar boas colleitas, un rito para favorecer a fecundiade da terra por medio da arte (maios), a música e a poesía (coplas). Por iso a festa celébrase na primavera, un tempo no que a terra empeza a desperezarse e a despertar do seu longo sono invernal, un tempo no que a vida empeza a xermolar por todas partes. Celébrase a despedida do inverno, o frolecer das plantas e a chegada d os primeiros froitos.

A dos maios é unha festa pagana, anterior á chegada do cristianismo. Pero como moitas outras foi cristianizada, e por iso moitos dos maios levan na cima unha cruz, e por iso mesmo en moitos sitios a festa dos maios celébrase o día da Santa Cruz (3 de maio).

Nos tempos modernos, os maios volveron a converterse nunha festa «pagana» ou «laica» e romperon tamén o cordón umbilical que tiñan coa agricultura e convertéronse en festas «urbanas», ligadas fundamentalmente a colexios e a grupos e asociacións culturais. Na maior parte dos casos é unha festa organizada polo concello dunha cidade ou vila. E, para motivar a participación, a festa acompáñase ordinariamente dun concurso no que se reparten diferentes premios.

Hoxendía, os maios constan de dúas partes:
- Por un lado, están os maios propiamente ditos, que son «momumentos» feitos cunha estructura de madeira, que se reviste con musgo, flores, carrabouxos… procurando empregar sempre elementos naturais. Poden ser de dous tipos: os que teñen forma cónica ou piramidal, que son os enxebres ou tradiccionais; e os maios artísticos, que teñen forma libre (pontes, eirexas, carros de vacas, cruceiros, muíños, minicentrais… ou calquera outra forma que non sexa cónica nin piramidal).
- E, por outro lado, están as coplas, que son versos normalmente de seis sílabas, en estrofas de catro versos cada unha, con rima asonante nos versos pares. As coplas poden ter contido literario referente á primavera, pero o máis normal é que teñan un contido satírico referido a acontecementos recentes. Esta crítica céntrase na maioría das veces en asuntos locais, moi cercanos á xente do pobo no que os maios se celebran. É moi habitual aproveitar as coplas para criticar ós políticos locais lembrándose das súas promesas incumpridas e pedíndolle determinadas obras ou melloras que o pobo bota en falta, como pode ser un polideportivo, o arranxo dunha rúa, o adecentamento dun parque, ou calquera outra cousa. Segundo reza a tradicción as coplas cántanse o día dos maios e o mellor que pode pasar é que o público aplauda a rabear e ría con ganas.

maio1

maio2

Chuzame! A Facebook A Twitter

«A MEMORIA DO MAR» en Portonovo

28 Abril, 2009 (14:23) | Axenda Cultural | No comments

Ata o día 15 de maio nas instalacións da lonxa de Portonovo podese ver a exposición «A Memoria do Mar».

A exposición conta con un albume dixital que permite a visualización da totalidade de imaxes do Portonovo antigo, a maior parte de elas relacionadas con actividades vinculadas o mar e a pesca.

Na mostra inda que non son moitas as fotografías que se poden ver podeser recrear como era a vida do mar nun Portonovo que non é tan lonxano.

portonovo

Nos seguintes enlaces tendes máis información:

http://arelasdeaquelar.blogaliza.org/2009/01/04/a-memoria-do-mar/

http://www.memoriadomar.org

Chuzame! A Facebook A Twitter

SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO

23 Abril, 2009 (18:54) | Axenda Cultural | No comments

A «SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO» PRESENTE NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS

A Semana do Audiovisual Galego naceu, como un xeito de complementar e consolidar os galardóns máis importantes do sector no país e a súa divulgación na sociedade galega.

Exhibiranse ao longo da xeografía de Galicia os traballos finalistas aspirantes a estes premios do audiovisual galego aos que compiten 148 obras nas 12 categorías de producións, ademais dos profesionais que se presentan nas outras 16 categorías, realizados no ano 2008.

O Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés, co motivo da entrega dos premios Mestre Mateo 08 o vindeiro 30 de abril colabora na Semana do Audiovisual Galego na que se exhibirán ao longo da xeografía de Galicia os traballos finalistas aspirantes a estes premios do audiovisual galego.

Con esta iniciativa, o Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés en colaboración con CINEMAS DIXITAIS pretende achegar ao público as producións audiovisuais producidas en Galiza no ano 2008 e darlle a maior difusión posible a estas obras e aos galardóns que desde 2003 veñen premiando ao cinema e aos profesionais galegos.

O Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés proxectará mañan venres 24 de abril ás 20:00 h. o documental “Manuel e Elisa” e a curtametraxe “O soldadiño de chumbo”

A entrada é de balde ata completar aforo

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Descrición: Revisión en clave galega co relato clásico de H.C. Andersen.

Argumento: O soldadiño de Chumbo chega ao Museo do xoguete de Allariz e ten que loitar contra o malvado Cigarrón polo amor da bailarina.

Localización Allariz

Observacións: Animación en plastilina. Estrea en Allariz

Trailer en: http://www.youtube.com/watch?v=JUJpUMt04S8


MANUEL E ELISA

Descrición

Despois de 53 anos casados, Manuel Rodríguez e Elisa Flores seguen vivindo no lugar onde naceron, no Rosal, unha pequena poboación rural de Galicia, na fronteira norte entre España e Portugal. Os dous teñen as mans marcadas polo traballo e a súa vellez non consegue facelos cesar. Xuntos, con serenidade e disciplina, constrúen a cotián unha vida cargada de labores: facer as camas, cortar leña, queimar os restos de herba seca, pasear despois de comer, alimentar ós seus gatos, cargar terra, arranxar o remolque do seu tractor… Manuel y Elisa é un documental sobre as súas fazañas cotiás; unha historia de amor sen aloumiños e de convivencia sen palabras.

Argumento

«Manuel e Elisa xorde como reacción ante unha fotografía, ante todo o que queda fora do encadre dunha fotografía.
Cando este documental nin tan sequera era unha idea, traballaba como fotógrafo e estaba involucrado nunha serie de retratos de campesiños anciáns galegos. Galicia é unha rexión cunha poboación dispersa, rural e envellecida, e interesábame documentalo fotográficamente. Nestas circunstancias atopeime con Manuel. Pasei unha tarde con el, e antes de despedirnos fíxenlle unhas fotos na porta da súa casa. Os seus ollos azuis deixaban intuir un carácter, pero eu tiña a sensación de que acababa de coñecer a un fora de serie. A partires de entón comezamos a vernos e puiden confirmar a miña primeira impresión. En pouco máis dun metro cincuenta de altura combinábanse gracia, intelixencia, xenerosidade e franqueza co resultado dun carisma abrumador. O seu carón estaba Elisa, a súa muller, a única persoa que parecía coñecer a receita para contelo. Xuntos enfrontábanse con humor e valentía aos problemas de ter oitenta anos. As fotografías só amosan superficies, e todo o dito quedaba afora das miñas. Como adoita ocorrer, buscaba algo bo, e atopei algo moito mellor. Se eles mo permitían, faría un documental no que contaría a historia dun matrimonio de anciáns campesiños que se levantan polas mañás como se foran inmortais».

Nota do director

Podes velo trailer en Flocos.TV: http://flocos.tv/adianto/manuel-e-elisa-trailer/

Chuzame! A Facebook A Twitter

«GISELIÑA» EN PONTEVEDRA ESCÉNICA

22 Abril, 2009 (11:03) | Axenda Cultural | No comments

O 24 de abril ás 21 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra o Centro Coreográfico Galego representa a obra «Giseliña»

A nova produción propia do Centro Coreográfico Galego está dirixida polo coreógrafo Cisco Aznar e coproducida xunto ao teatro La Laboral de Xixón e o Centro Párraga de Murcia.

Giseliña é unha versión totalmente contemporánea, que rompe cos códigos do ballet clásico, e nos que se mezclan co movemento outras linguaxes artísticas como a videocreación, o cine ou as artes plásticas. O resultado é unha montaxe conmovedora que reta ao espectador, exixíndolle atención e transportandoo a un mundo cheo de fantasía e referencias artísticas e cinematográficas. Os ideais
románticos e a loita entre o amor e a morte están presenten en Giseliña, unha peza de marcado carácter poético e complexidad creativa.

Un pequeno vídeo de mostra.

Ficha artística:

Concepción, coreografía e dirección: Cisco Aznar
Asistente de coreografía: Laure Dupont
Composición musical: Pablo Palacio
Iluminación: Creación colectiva
Escenografía: Luis Lara
Vestiario e máscaras: Luis Lara
Asistentes de vestiario e máscaras: Estefanía Fernández García, José Fernández Lago e Noelia Pose Antelo
Cámara e montaxe de vídeo: Andreas Pfiffner
Banda de son e ambientes: Andreas Pfiffner e Cisco Aznar
Xefatura técnica: Santi Mañasco
Repetidor: Erick Jiménez
Intérpretes:Noemi Alberganti, Jorge Brea, Katja J. Geiger, Álvaro Esteban, Alba Fernández, Carmela García, Satoko, Kojima, Amparo Novás, Ana Beatriz Pérez, Miguel Ángel Ponte, Julio César Quintanilla, Hannah Shakti e Jordi Vilaseca.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Olark Livehelp