Month: Maio, 2009

ROTEIRO GUIADO – RIO PINTILLON – DORRON

29 Maio, 2009 (15:55) | Actividades | No comments

Dentro do PROXECTO RÍOS, inspeccionaremos un treito do RÍO PINTILLÓN, en Dorrón. Acompañaranos un técnico de Adega para ofrecernos unhas nocións básicas de flora, fauna, utilidades, patrimonio…. dos nosos ríos.

Esta actividade é de balde. Entre a charla formativa e o roteiro guiado disporemos de 2 horas para xantar por libre.

Recomendamos o uso de zapatos resistentes ao auga (botas ou ben, calzado de muda) e roupa cómoda para andar. Certos tramos do río son de difícil acceso a sillas de nenos.

MAPA COS PUNTOS DE ENCONTRO.-

mapa-punto-de-encontro

PROXECTO RÍOS.- para coñecer máis deste proxecto: www.proxectorios.org ou visita neste blog o seguinte apartado http://arelasdeaquelar.blogaliza.org/2009/02/15/programa-rios-de-lingua-e-cultura/

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ponte nas Ondas

28 Maio, 2009 (16:50) | Campañas doutros colectivos | No comments

O próximo venres 5 de xuño vaise celebrar a XV Xornada Ponte nas Ondas. Un evento que unha vez máis xuntará voces e esforzos desde Galiza e o Norte de Portugal, a prol do patrimonio cultural común e onde as escolas ás dúas beiras do Miño volven ser protagonistas.

Desta volta, a asociación Ponte nas Ondas e Vieiros convídanvos a participar nun pequecho concurso. En 100 palabras como máximo tedes unha pregunta a responder: Cal é o teu tesouro vivo?. É dicir, cales son as cualidades que máis aprecias da persoa ou grupo que para ti mellor representa o concepto de «tesouro vivo». Non hai limite de idade nin de número de relatos enviados. Agardamos a vosa creatividade e ideas a prol do patrimonio.

Recordade que podemos atopar exemplo de tesouros humanos vivos en calquera destes ámbitos:

1.Nas tradicións e expresións orais nas cales a lingua é soporte da expresión cultural.

2.Nas artes do espectáculo: danzas, cantos, romarías e rituais festivos.

3.Nos usos sociais, rituais e actos festivos que se realizan ao longo do ciclo anual.

4.Nos coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo. Tanto na cultura agraria como marítima encontramos todo un saber asociado a diferentes prácticas e usos.

5.Nas técnicas artesanais tradicionais relacionadas cos oficios e saberes.

Para enviar os vosos textos e os vosos tesouros esta é a dirección:  pontenasondas@pontenasondas.org

Para máis datos podedes consultar a web de Ponte nas Ondas:  http://www.pontenasondas.org/

Chuzame! A Facebook A Twitter

LEMBRANZAS: O BARRO E AS TELLEIRAS

23 Maio, 2009 (13:49) | Actividades, As Telleiras, Galeria de fotos | No comments

p1220125a

Para aqueles que non puideron asistir á presentación do libro «O Barro e as Telleiras» e máis á exposición que tivo lugar no centro cultural de Vilalonga o ano pasado, aquí atoparedes as fotos.

Libro e exposición que fan un percorrido polas telleiras que había na ría de Arousa, incluído o concello de Sanxenxo, con fotos onde se amosaban o traballo e o proceso para facer as tellas.

Ademáis proxectouse unha curtometraxe do ano 1987 na que se mostra como se facían as tellas artesanalmente na última telleira que aínda funcionaba e que pouco despois pechou. Curtametraxe que no seu día foi galardoada con varios premios e que a asociación CANDEA recuperou para que non se perdera este último documental.

http://picasaweb.google.com/arelasdeaquelar/ExposicionAsTelleiras#

Chuzame! A Facebook A Twitter

Benzón

20 Maio, 2009 (21:32) | Axenda Cultural | No comments

images

Máis de dez anos compartindo o mesmo oficio, mistura de músicos e artistas transumantes, dando a valer a cultura galega, facendo música universal dende Galiza.

Vinte persoas unidas por un profundo amor á música tradicional e popular, ao folk, pero tamén ao jazz e o pop. Agora, Fran Pérez, Pedro Lamas, Pedro e Pablo Pascual, Guillerme Fernández, Xavier Díaz, Germán Díaz e Odaiko arranxan melodías tradicionais e composocións de Guadi ás que Uxía, Ugía Pedreira, Manolo Maseda e Rosa Bugallo contribúen coas súas letras.

Leilía, Abe Rábade, Santi e Uxía Cribeiro, Quim Farinha, Marcos Vázquez,Suso Iglesias,Sergio Sieiro, Xacobe Martínez Antelo e Leandro Deltell aportan a súa impronta tocando ou cantando ao novo disco de Guadi Galego.

Benzón contén dez temas, dez universos distintos, un por canción, cun único nexo: a alma que comparten, a envolvente e inconfundible voz de Guadi, tan segura de ser escoitada que pode permitirse o luxo de comportarse coma un instrumento máis, fundíndose nas melodías sen necesidade de estridencias, sen buscar protagonismo.

Benzón é o xeito que Guadi Galego atopou para dalas grazas a todos os que a teñen inspirado: ás músicas tradicionais, ás músicas de autor/a, as vivencias da música popular.

O título do disco é elocuente: benzón(bendición),palabra galega en desuso, case unida á divinidade, é reverencia, é dalas grazas por unha boa colleita, grazas por unha pesca abundante, grazas en definitiva por algo que é recibido coma un agasallo, envolto cunha portada de ceos, ceos galegos, ceos universais para un disco especial que como tal non vai ser tocado en directo, non haberá xira nin concertos. En realidade Benzón é un regalo para todo o que o escoita, así que: benzón, Guadi.

Máis información na web http://www.guadigalego.com/ onde poderas descargar dúas cancións do disco e velas fotografías que acompañan a cada canción

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Cabanillas.

18 Maio, 2009 (14:16) | Axenda Cultural | No comments

presentacion-libro-cabanillas-centros-ensino

Chuzame! A Facebook A Twitter

EXPOSICIÓN DE ACISCLO MANZANO

17 Maio, 2009 (12:08) | Axenda Cultural | No comments

ascilano

Como non solo do mar vive o home, o Clube Mariño A Reiboa, realiza unha exposición do escultor Acisclo Manzano no Casal de Ferreiros do Concello de Poio, será dende o 8 ao 30 de Maio. Estades todos invitados a visitala de luns a venres de 08:30 a 14:30. Saudos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

LETRAS GALEGAS 2009: fotos

17 Maio, 2009 (12:01) | Galeria de fotos, Letras Galegas 2009 | No comments

dsc03863

Aquí atoparedes as fotos do acto que celebramos onte, sábado 16 de maio, co motivo do Día das Letras Galegas, que por mor da choiva trasladouse á sala de exposicións de Nauta.

http://picasaweb.google.com/arelasdeaquelar/DiaDasLetrasGalegas2009#

Agradecer a todos aqueles que contribuíron coa lectura dos seus poemas a este acto, os nenos que leron as súas cantigas de berce, a Purificación Veiga pola lectura da súa nana e a Clara Pino e a Alfonso Abel polo seu magnífico concerto e o seu bo facer.

E moitas grazas a todos aqueles que axudaron a facer posible esta celebración, en especial á editorial OQO, á editorial KALANDRAKA, a Caixanova, á librería NÓS e a librería Dacosta e como non  moitas grazas a todos aqueles que axudaron a facer posible esta celebración.

Moitas grazas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

COMUNICADO DE PRENSA: ROTEIRO CHAN DA GORITA

16 Maio, 2009 (08:56) | Comunicados Prensa | 1 comment

ARELAS DE AQUELAR

O pasado día 9 de maio, ARELAS DE AQUELAR organizou un roteiro polos montes de Sanxenxo cun guía de excepción como é Pepe Álvarez, profesor do IES de Portonovo, superando a cifra de 40 participantes de diversas idades e procedencias.

Este roteiro tiña como obxectivo dar a coñecer as mámoas e as pedras singulares do concello. Case ningún de nós coñecía a existencia de MÁMOAS –as pirámides galegas!- no concello de Sanxenxo. Tódolos participantes, sen excepción, preguntamonos como é posible que tendo mámoas no concello de Sanxenxo non teñamos información sobre a súa existencia.

O CON DA VENTUREIRA, atópase agochado agora entre altos eucaliptos e grandes toxos, que non deixan apreciar a súa feitura.

E por último o descubremento da PEDRA CABALARIA, unha das pedras cabalares máis grandes de Galiza.

ARELAS DE AQUELAR defende e divulga o patrimonio cultural galego e consciente da necesidade de dinamizar a economía de Sanxenxo “pedímoslle aos responsables de cultura, turismo e/ou obras públicas que polo menos indiquen cuns paneis os lugares onde se atopan estes sitios singulares e ofrezan esta información nos colexios e casetas de turismo” ademáis “de que velen polo seu estado de conservación e que a falta de información non sexa a causa que os elementos etnográficos do concello véxanse arrasados polos desmontes que se producen a diario nos nosos montes”

Sanxenxo, 15 de maio de 2009

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

LETRAS GALEGAS 2009

9 Maio, 2009 (16:57) | Actividades, Axenda Cultural | No comments

cartazdef2r1

Para os que non coñecen a Clara Abel e Alfonso Pino, dicir que o dúo de arpa celta, violoncello e voces formado por Clara Pino e Alfonso Abel nace por mor das inquedanzas que os seus dous compoñentes amosan pola música tradicional galega. Debido a súa ampla experiencia noutras formacións, como por exemplo Sete Saias, da que Clara Pino é membro fundador, teñen actuado en numerosos puntos da xeografía galega ( Ortigueira, Fundación Pedro Barrié de la Maza..). Na actualidade están a piques de editar coa formación Covalblú o seu segundo traballo discográfico titulado Mai. Entre o seu repertorio podemos atopar dende versións de pezas tradicionais ata composicións propias, o que fai deste dúo unha proposta versátil e chea de intimismo, distribuído por Lonxa Cultural.

Para escoitalos preme no seguinte enlace: http://www.myspace.com/covalblu

Chuzame! A Facebook A Twitter

ROTEIRO CHAN DA GORITA: fotos

9 Maio, 2009 (16:09) | Galeria de fotos, Roteiro Chan da Gorita | 3 comments

Boas

pb300126

No seguinte enlace atoparedes as fotos do roteiro que fixemos hoxe 9 de maio.
Esta galería de fotos irase ampliando a medida que nos vaian chegando as fotos.

http://picasaweb.google.com/arelasdeaquelar/RoteiroChanDaGorita#

Moitos de vos preguntabádesvos como sería a mámoa unha vez excavada, pois xunto as fotos da primeira mámoa aparecen 4 fotos dunha mámoa excavada no Norte de Portugal, para que vos imaxinedes como sería a excavación de dita mamóa.

Moitas grazas a todos ós que participachedes e ata a próxima actividade.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp