ROTEIRO CHAN DA GORITA: fotos

9 Maio, 2009 (16:09) | Galeria de fotos, Roteiro Chan da Gorita

Boas

pb300126

No seguinte enlace atoparedes as fotos do roteiro que fixemos hoxe 9 de maio.
Esta galería de fotos irase ampliando a medida que nos vaian chegando as fotos.

http://picasaweb.google.com/arelasdeaquelar/RoteiroChanDaGorita#

Moitos de vos preguntabádesvos como sería a mámoa unha vez excavada, pois xunto as fotos da primeira mámoa aparecen 4 fotos dunha mámoa excavada no Norte de Portugal, para que vos imaxinedes como sería a excavación de dita mamóa.

Moitas grazas a todos ós que participachedes e ata a próxima actividade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from arelasdeaquelar
Date: 9 Maio 2009, 4:45 p.m.

Ola.

A verdade que foi moi interesante o roteiro e sobretodo o ben que o pasamos e o moito que aprendemos, dende a saber o que é unha mámoa ou como poder identificala, ata descubrir a Pedra Cabalaria e as lendas da zona ou mesmo coñecer prantas como o sanguiñedo ou o pelo de lobo.

Espero vervos no seguinte.
Chao

Comment from Unha encantada co roteiro
Date: 9 Maio 2009, 11:50 p.m.

Dende logo si que foi moi unha mañá moi interesante,amena,relaxante,parece mentira que teñamos aqui perto de nos cousas que nunca oiramos falar delas,as mámoas, a pedra cabalaira,que cando vin o profesor abalandoa fixome lembrar a escultura de Hercules sujetando o mundo,sempre que poida acompañareivos no percorrido da nosa historia. grazas ciao

Comment from unha que foi
Date: 10 Maio 2009, 10:47 p.m.

Foi unha mañá moi interesante e amena.Unha clase que no colexio nos parecería seguramente un tanto pesada o velo fíxoseme moi gratificante e ademáis como din no comentario anterior que e increible que teñamos este tipo de cousas o caron da casa e non o sepamos.un saudo e ata a proxima

Olark Livehelp