COMUNICADO DE PRENSA: ROTEIRO CHAN DA GORITA

16 Maio, 2009 (08:56) | Comunicados Prensa

ARELAS DE AQUELAR

O pasado día 9 de maio, ARELAS DE AQUELAR organizou un roteiro polos montes de Sanxenxo cun guía de excepción como é Pepe Álvarez, profesor do IES de Portonovo, superando a cifra de 40 participantes de diversas idades e procedencias.

Este roteiro tiña como obxectivo dar a coñecer as mámoas e as pedras singulares do concello. Case ningún de nós coñecía a existencia de MÁMOAS –as pirámides galegas!- no concello de Sanxenxo. Tódolos participantes, sen excepción, preguntamonos como é posible que tendo mámoas no concello de Sanxenxo non teñamos información sobre a súa existencia.

O CON DA VENTUREIRA, atópase agochado agora entre altos eucaliptos e grandes toxos, que non deixan apreciar a súa feitura.

E por último o descubremento da PEDRA CABALARIA, unha das pedras cabalares máis grandes de Galiza.

ARELAS DE AQUELAR defende e divulga o patrimonio cultural galego e consciente da necesidade de dinamizar a economía de Sanxenxo “pedímoslle aos responsables de cultura, turismo e/ou obras públicas que polo menos indiquen cuns paneis os lugares onde se atopan estes sitios singulares e ofrezan esta información nos colexios e casetas de turismo” ademáis “de que velen polo seu estado de conservación e que a falta de información non sexa a causa que os elementos etnográficos do concello véxanse arrasados polos desmontes que se producen a diario nos nosos montes”

Sanxenxo, 15 de maio de 2009

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from Vilagonde
Date: 18 Maio 2009, 7:23 p.m.

Pois secundo a proposta, porque neste concello deben pensar que TURISMO, solo abarca praia, hoteles, e tendas. Non sinalizan nada do antigo, que ten un bo numero de seguidores. E o primeiro que eu fago cando saio destos lares.
E por certo, onde quedan?, porque eu tampouco oín xamáis deles. Se chego saber desa excursión, hubera ido…

Olark Livehelp