A NOITE DE SAN XOAN

22 Xuño, 2009 (10:56) | Artigos/ Feitos Históricos

A noite de San Xoán é a noite máxica por excelencia. Dende os tempos máis remotos, vense a celebrar esta festa en tódolos lugares de Galiza. Coincide co solsticio do verán, a noite mais curta do ano. É a noite do lume ou cacharelas da auga milagreira, das meigas e bruxas. Antes mantíñase a fogueira prendida ata a noite de San Pedro, pero este costume foise perdendo cos anos.Conta unha antiga lenda, que un grande incendio deixou o pobo destruído a modo de castigo.

No mes de San Xoán as mozas poñían nas súas portas ramas de codeso con poderes para escorrentar o parecer maleficios e meigallos, e cando o galo anunciaba co seu cantar o amencer do novo día, os homes do luar apañaban leña no monte para facer as lumieiras, propias desta noite de San Xoán. Logo, cando no ceo asomaban os cornos da lúa, organizaban a festa do lume onde ían todos. As mulleres levaban prendida na roupa unha rama de codeso para ter sorte ese día e comunicar esa sorte a quen bailara con elas ao redor da fogueira. E así, bailando sen desmaiar, ían apagando o lume cos pés, tendo moito coidado de non se queimar. A danza por fin acababa ao conseguiren deixar totalmente apagada a lumieira, sen que nin chamas nin tizóns os alcanzasen.

Pero o máis abraiante aínda que sexa unha terra de meigas (…por que habelas hainas) é que so quedaron en pé, as mulleres que polo poder do codeso lograron triunfar sobre o lume.Os homes agradecidos e moi admirados ante tanto poder, foron caendo axeonllados ante as súas donas.

Din que salta-la cacharela de San Xoán dá sorte,saltando sempre número impar. Hai moitos ditos sobre a fogueira:

*Saltando a lumieira feita con leña verde para afumar as bruxas, pódese sabe-lo futuro.

*As mozas que a salten un número impar de veces, sen toca-lo lume casarán dentro dun ano. Terán que facer a invocación: Salto por enriba do lume de san Xoán para que no me trabe nin serpe nin can.

*Deus te dou, Deus te criou, Deus che saque esta ollada se alguén cha botou, antes que o mal sexa visto,naceu Cristo,morra este mal e viva Cristo.

*A borralla da fogueira tirábase cara o río dicindo: Demo maldito,vaite de aí, aí vai a borralla de san Xoán atrás de ti, Deus te leve o mar onde non cantou galiña nin galo,e a que cantou levouna o diaño.

Refráns para este día: Po lo san Xoán as nove co día darán. Quen xexuna polo san Xoán e tolo ou non ten pan. Polo san Xoán a sardiña pinga no pan. Mañanciñas de San Xoán unhas corren e outras van. Po lo San Xoán calquera burro gaña pan. A auga de San Xoán tolle o viño e non da pan. Os aios postos no san Xoán son dentes de can………..

E costume comelas sardiñas con pan de millo, ou centeo, feito na casa, botar patacas coa tona ( cachelos ) no medio dos tizóns, e cantar cantigas da terra o redor da fogueira. Cando remata a festa moitos mozos van as “cancelas” polas parroquias, van collendo cousas e cámbianas de lugar, antes era costume deixalas no adro da igrexa, ou no campo de festas, sempre tendo coidado de non romper nada, agora xa non é así,cada vez a xente está en contra porque moitas veces o collido ou non aparece ou está roto.

Carballos bentos, herbas collidas no día de San Xoán, exvotos pendurados nas ponlas, curacións conseguidas a traveso do buraco dunha peneda ou pola fendedela dunha arbore.Isto todo prolonga deica nos as ilusións…….do tempo que pasou…Cando os paisanos choutan ou fan choutar as súas bestas a traveso das flamas das fogueiras do San Xoán, practican un vello rito céltico……Salomon Reinach.

HERBAS DE SAN XOAN

Costume tamén e facer na noite de San Xoán o “cacho”. O “CACHO” consiste en recoller prantas aromáticas e medicinais. Póñense toda a noite en auga, o orballo e retirase antes de que lle de o sol,utilizase para lavala cara.Noutros sitios aparte de lava-la cara, átanse as prantas e póñense a secar, para usar as que teñen propiedades curativas.

Recóllense moitas e algunhas varían segundo a zona. Aquí as mais comúns son: Herba de san Xoán (carrasquilla), petalos de Rosa, sabugueiro, follas de laranxeira e de limón, fento macho, hortensia, malva-rosa, codeso, fiuncho (anis,hinojo), herba Luisa, croque, margarida de campo (manzanilla), follas de figueira, follas de viño branco, chopo branco, romeu, miltrastes (troscas), follas de nogueira, e tamén hiperico, (herba de san Xoán) malva silvestre, silva macho( rosal do demo), trovisco, tromentelo, ruda…

Destacamos nalgunha delas as súas propiedades e crenzas dos nosos antepasados:

* O codeso, era pranta sagrada para os druídas celtas, coas súas ramas varríase a casa para protexela e purificala, ten propiedades diuréticas e tónicas para o corazón.

*Romeu, é unha das prantas máxicas, purifica e protexe, fai tempo queimábase cando había enfermos na casa, cheirar a súa madeira conserva a xuventude, é tónica, estimulante, cicatrizante, boa para o reuma e fai crecer o pelo.

* Hiperico, ou herba de san Xoán.a crenza era que o queimala na casa espantaba os demos,limpa a cara de grans, cicatrizante, antidepresiva.

*Fento macho, Cóntase deste fento que bota flores a media noite de San Xoán,estas serviran para facer feitizos.No “ciprianillo” (libro de maxia) contase que pondo un lenzo debaixo do fento,a maña estará cheo de demos pequenos.E velenoso,(paralizante muscular)

*Croque,pensase que onde medran os croques e onde se reúnen as meigas a bailar as noites de lúa chea. Pendúranse nas casas para espantalas.

*Fiuncho ou anís protexe do mal de ollo.Un saquiño con sementes axuda a conserva-la saúde. Para manter lonxe os carrachos hai que levar unha no zapato esquerdo usase para lava-los ollos,e ten propiedades dixestivas e diuréticas.

*Herba Luisa. (verbena olorosa).Utilizábase para facer moitos ritos e feitizos amorosos, ten propiedades dixestivas, din,que se lle chama así as festa por esta pranta por que as mozas casadeiras recollíana as doce da noite.

*Ruda,contra as dores de barriga e propiedades dixestivas,a ruda tamén se pranta a esquerda da porta da casa para dar boa sorte, na idade media utilizábase para protexerse contra a peste,boa para os catarros.

*Malva silvestre, “Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar”. É boa para a tose, queimaduras, picaduras de abellas…

*Sabugueiro, os froitos desta pranta chámanselle uvas de bruxa. É bo para as inflamacións, sudorífico e calma a tose. É moi usado para espanta-los sapos e serpes.

*Miltrastes, para o picar das estrugas,sempre nacen unhas perto das outras.

*Follas de Nogueira cura as Chagas do Corpo….etc.

O OVO OS PAPEIS

Mentres se cea, escríbese nun anaco de papel aqueles acontecementos BOS que queremos vivir e noutro anaco de papel aqueles aspectos malos que queremos afastar de nós. O papel do “malo” tírase á fogueira e o papel do “bo” gárdase debaixo do balde da auga de san Xoán e pola mañanciña retírase e gardase segredamente para que o bo chegue ás nosas vidas.

Para saber máis do San Xoan consultade este o seguinte enlace: http://moana.servidores.net/libros/sanxoan.txt

Chuzame! A Facebook A Twitter

Olark Livehelp