Month: Abril, 2010

Lingua de amor 2010

29 Abril, 2010 (13:55) | Axenda Cultural | No comments

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IV.ª edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego a través da internet.

Lingua de amor ten como obxectivo principal estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.

Establécense dúas modalidades de participación: declaracións e cancións de amor.

Os premios serán os seguintes:

Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede

Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un computador portátil Netbook

2.º Unha consola Nintendo DSI XL

3.º Unha cámara de fotos dixital
Categoría B (de 20 a 35 anos):
1.º Un computador portátil Netbook

2.º Unha cámara de vídeo dixital

3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega
1.º Un computador portátil Netbook

2.º Un iPod de 3.ª xeración

3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Para participar no concurso só hai que rexistrarse na páxina www.linguadeamor.eu. O prazo permanecerá aberto ata o 28 de maio de 2010 e para as votacións será do 29 de maio ata o 6 de xuño de 2010

Xunto con este correo achegámosvos o cartel e o tríptico coas bases completas do concurso. Agradeceriámosvos que lles désedes a maior difusión posible entre as persoas da vosa asociación.

Chuzame! A Facebook A Twitter

MARFUL: novo disco

25 Abril, 2010 (14:20) | Axenda Cultural | No comments

pasodoble universal_ MARFUL from atua creacion on Vimeo.

O novo sinxelo de Marful proba a súa constante evolución

O grupo aínda non ten data de lanzamento para o seu novo traballo discográfico, pero xa se atopa na fase de edición. Xornal.com ofréceche un adianto. Descarga aquí o seu primeiro sinxelo ou goza simplemente co primeiro videoclip do disco.

Chuzame! A Facebook A Twitter

CAMPIONATO DE BILLARDA NO SALNÉS

20 Abril, 2010 (17:29) | Axenda Cultural | No comments

Domingo, 25 de Abril de 2010
Hora:
16:00 – 19:00
Lugar:
A TABERNA DE CANCELA
Rúa:
XIL

Descrición

POLA MAÑÁN ACOMPAÑAREMOLOS OS FURANCHOS.
`
POLA TARDE III EDICION DO XERRO DO SALNÉS

HABERA BILLARDAS PARA ADESTRAR ANTES DE XOGAR

PODE PARTICIPAR QUEN QUEIRA SEN LIMITE DE IDADE

ENTRADA DE BALDE

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estan locos estes Galegos!

12 Abril, 2010 (13:38) | Actividades | No comments

Chuzame! A Facebook A Twitter

Concerto pola lingua

8 Abril, 2010 (21:22) | Axenda Cultural | No comments

O 17 de abril, GRANDE FESTIVAL de música contra o decretazo no recinto feiral de Pontevedra ás 19.30.

Coa presenza de: Berrogüetto, Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, A Quenlla, García MC, Lamatumbá, Espido, Asociación de Gaiteiros Galegos, Ruxe Ruxe, Galegoz, Zurrumalla, Os Carunchos, Fía na Roca, Os tres trebóns e Uxía Senlle.

ÁS ENTRADAS SON A 10 EUROS!, Venda Anticipada.  QUERES UNHA?? Ponte en contacto con nos!

Venda on-line: aqui

Puntos de venda: aqui

Chuzame! A Facebook A Twitter

Olark Livehelp