Month: Maio, 2010

Pateando Sanxenxo

29 Maio, 2010 (14:06) | Axenda Cultural, Campañas doutros colectivos | No comments

Este domingo, 30 de maio de 2010, terá lugar a cuarta xornada de sendeirismo desta tempada, organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Grupo de Amigos de Meaño, que nesta ocasión desenvolverase en Sanxenxo, dende Reis, pasando por Miraflores, A Laxe, Chan de Lores, Recarei, Freixeiro, Outeiro, O Sear, Bordóns e Aldariz, ata chegar de novo a Reis.

Este percorrido caracterízase pola espectacularidade das vistas, na zona do monte, e a tranquilidade da zona dos campos.

A distancia máis longa é duns 14.550 m. e a máis curta de 11.650 m ., que se escollerá e realizará, en función do ritmo do grupo, en dúas horas e media, aproximadamente.

Os puntos de encontro, para as persoas que queiran participar, son a Casa do Concello de Meaño, ás 10 da mañá e diante do Churrasco Luar, en Reis, ás 10.15 horas.

Achegádevos provistos de auga e con roupa e calzado cómodo e axeitado!!

+ INFO:

GRUPO DE AMIGOS DE MEAÑO

Tlf. 654 463 284

gam@asociaciongam.org

www.asociaciongam.org

Chuzame! A Facebook A Twitter

Un novo libro e concerto en barco.

26 Maio, 2010 (12:20) | Axenda Cultural | No comments

Dende o concello do Grove achegannos dúas actividades culturais moi atractivas:

a) A primeira tratase que oss días 28 e 29 chega a vila unha interesante iniciativa musical organizada por aCentral Folque e Arousavela co Patrocinio da Tenencia da Alcaldía; dúas xornadas de concertos e festa a bordo do pailebote Neves, que será o escenario flotante do reencontro dunha mítica formación do panorama sonoro galego, Os Cempés.

Este proxecto de estudo e promoción da tradición musical galega que se deu en chamar aCentral Folque cumpre dez anos de vida neste 2010, e para celebrar este aniversario está a organizar unha serie de eventos sonoros por toda Galicia, entre eles unha xeira de concertos a bordo do pailebote Neves. Esta embarcación atracará no Grove o vindeiro venres para ofrecer un concerto de reencontro de Os Cempés, que estarán acompañados para a ocasión de diferentes amigos do ramo, como a cantante de Marful, Ugía Pedreira. Na noite dos venres haberá dúas oportunidades para disfrutar desta festa sonoro-marítima, unha ás dez da noite e outra ás doce. A capacidade do barco é de oitenta persoas é as entradas para o concerto custarán seis euros.

Antes de marchar cara un novo destino, o Neves será o escenario doutra nova actuación na mañá do sábado, una “viaxe musical polos mares do mundo”, que estará dirixida aos máis novos e que será de carácter gratuíto, sendo preciso inscribirse previamente no enderezo electrónico info@folque,com, segundo informou a Tenencia de Alcaldía nun comunicado.

b) A segunda é a presentación do libro «As colareiras do Grove» de Patricia Arias e Antón Mascato, editado por Todogrove Edicións.
Participan no acto ademais dos autores: Luís Rei, director da revista Ardentia; Miguel Muñíz, editor, e pechará o acto o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos
Durante o acto farase un pase fotográfico do libro, e ao remate da presentación servirase un aperitivo para os asistentes.

O sabado día 5 de xuño a partir das 20:30 horas, na casa de cultura Manuel Lueiro Rey.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación: «En castellano no hay problema»

25 Maio, 2010 (23:43) | Axenda Cultural | No comments

O vindeiro venres Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da Plataforma Queremos Galego! presenta na nosa comarca o seu libro «En castellano no hay problema».
Este libro supón unha contribución a loita en defensa do noso idioma ( O Galego ), e nel podemos atopar argumentos suficientes que nos permitan seguer adiante nesta loita a prol da nosa lingua.
Animote a asistir a este acto e envíoche en arquivo adxunto a tarxeta do mesmo para que a reenvíes aos teus contactos.
A presentación que está organizada polas librarías «Ramón Cabanillas» e «Contos» de Cambados será o venres 28 ás 21h. no Salón de Actos de Exposalnés en Cambados.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Petroglifos: a guía para visitalos

20 Maio, 2010 (21:39) | Campañas doutros colectivos, Na rede | No comments

«A un mes del solsticio de verano,y a un poco mas de una semana para que el sol se ponga en los 289ºque indican el soslticio prehistórico…………..tal vez alguien se anime a subir a As Laxiñas los días indicados y hacer la fotografía sobre el cabo que yo no podré hacer; pues estaré en Lanhelas , en la desembocadura del Miño, comprobando si el sol se pone sobre el Monte Torroso y el Laberinto de Marzán (O Rosal) »

Así  relata a visita a un dos lugares onde se poden ollar petroglifos o creador do blog » El Laberinto atlántico» unha guía imprescindíbel para os amantes destas representacións gráficas grabadas nas rochas polos nosos antepasados.

Neste blog atopanse localizados a maioria destes petroglifos de Galiza por iso os invito a que lle botedes unha ollada tanto si vos gusta visitar eses espazos ou ben si queredes visitalos ou mesmo descubrir un pouquiño máis desta interesante iniciativa.

Aquí vos deixo o enlace: El laberinto Atlántico

Chuzame! A Facebook A Twitter

Uxío Novoneyra

15 Maio, 2010 (18:55) | Artigos/ Feitos Históricos | No comments

Este ano o día das letras galegas esta adicado o «poeta do Caurel»

A persoa que se ía converter no poeta Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. O futuro escritor pasa a nenez e mocidade neste marco xeográfico courelán da Galicia arredada que segue conservando nese momento os seus tradicionais modos de vida e que conformará cos súa particular impronta as experiencias básicas da futura creación poética do autor, de inspiración esencialmente telúrica. Da mesma maneira, o ambiente histórico represivo da convulsa situación da década dos trinta e comezos dos corenta, que coincide cos anos de nenez e mocidade, deixarase ver máis tarde na súa poesía cívica.

Descobre a súa vida e a súa obra en : http://www.uxionovoneyra.com

LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO
nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto
na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando.

Vélante os xóvenes
i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo.
Cando vexo un neno penso en ti
e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre.

Todo bruído sin nome é un agoiro.

Madrid / O Courel
1962- 1964

Recital de Uxío Novoneyra, Letras Galegas 1998 Vilaxoán de Arousa

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nova sección: Libros sobre Sanxenxo.

9 Maio, 2010 (15:37) | Libros | No comments

Arelas de Aquelar estrea hoxe unha nova sección para seguir divulgando o noso patrimon

LIBROS: nesta sección iremos colgando libros que falen do noso concello,independentemente da temática que trate o libro.

Para abrir este novo espazo hoxe quero presentar un libro chamado «XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA» da editorial Ir Indo e escrito por Bieito Romero. E nada mellor para descubrir de que trata que ver este vídeo de presentación.

Agardamos as vosas suxerencias sobre libros que coñezades e que vos guste a nosa elección de hoxe.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Portonovo: evolución

3 Maio, 2010 (20:09) | Artigos/ Feitos Históricos | No comments

Neste vídeo podese ver a evolución que sufriu Portonovo nos últimos anos.

Agardamos que vos guste.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manifestación: O Galego, o noso Existir.

1 Maio, 2010 (16:56) | Campañas doutros colectivos | No comments

Manifestación o día 17 de maio na Alameda de Santiago a partires das 11:30.

Convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema : O galego o noso existir.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Olark Livehelp