Uxío Novoneyra
Este ano o día das letras galegas esta adicado o «poeta do Caurel»
A persoa que se ía converter no poeta Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. O futuro escritor pasa a nenez e mocidade neste marco xeográfico courelán da Galicia arredada que segue conservando nese momento os seus tradicionais modos de vida e que conformará cos súa particular impronta as experiencias básicas da futura creación poética do autor, de inspiración esencialmente telúrica. Da mesma maneira, o ambiente histórico represivo da convulsa situación da década dos trinta e comezos dos corenta, que coincide cos anos de nenez e mocidade, deixarase ver máis tarde na súa poesía cívica.
Descobre a súa vida e a súa obra en : http://www.uxionovoneyra.com
LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO
nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto
na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando.
Vélante os xóvenes
i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo.
Cando vexo un neno penso en ti
e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre.
Todo bruído sin nome é un agoiro.
Madrid / O Courel
1962- 1964
Recital de Uxío Novoneyra, Letras Galegas 1998 Vilaxoán de Arousa