Pateando Sanxenxo

29 Maio, 2010 (14:06) | Axenda Cultural, Campañas doutros colectivos

Este domingo, 30 de maio de 2010, terá lugar a cuarta xornada de sendeirismo desta tempada, organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Grupo de Amigos de Meaño, que nesta ocasión desenvolverase en Sanxenxo, dende Reis, pasando por Miraflores, A Laxe, Chan de Lores, Recarei, Freixeiro, Outeiro, O Sear, Bordóns e Aldariz, ata chegar de novo a Reis.

Este percorrido caracterízase pola espectacularidade das vistas, na zona do monte, e a tranquilidade da zona dos campos.

A distancia máis longa é duns 14.550 m. e a máis curta de 11.650 m ., que se escollerá e realizará, en función do ritmo do grupo, en dúas horas e media, aproximadamente.

Os puntos de encontro, para as persoas que queiran participar, son a Casa do Concello de Meaño, ás 10 da mañá e diante do Churrasco Luar, en Reis, ás 10.15 horas.

Achegádevos provistos de auga e con roupa e calzado cómodo e axeitado!!

+ INFO:

GRUPO DE AMIGOS DE MEAÑO

Tlf. 654 463 284

gam@asociaciongam.org

www.asociaciongam.org

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp