Month: Xuño, 2010

ACTO CIVICO REIVINDICATIVO. ROSALIA DE CASTRO A ESTRELA.

27 Xuño, 2010 (17:25) | Axenda Cultural, Campañas doutros colectivos | No comments

Arelas de Aquelar ven de sumarse ao: Acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro e pola reapertura do Panteón de Galegos Ilustres.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) vai celebrar o vindeiro xoves 15 de xullo, día do 125 aniversario do falecemento de Rosalía, un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro, que tivo lugar o 25 de maio de 1891.
Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), o cortexo cívico conta co apoio e a colaboración de diversos colectivos populares, como as asociacións culturais O Galo, Medulio, Alexandre Bóveda, Auriense, LugoPatrimonio, Maio Longo, Solfa e Fundacións como Rosalía de Castro, Manuel María e Bautista Álvarez, entre as máis de 150 organizacións culturais, veciñais, xuvenís, etc. que xa se sumaron a esta iniciativa ao longo destas semanas.
O programa (que se actualizará no web: www.aelg.org) desenvolverase do seguinte xeito:
16.45 Concentración na colexiata de Santa María de Iria, cemiterio de Adina (Padrón): Presentación da iniciativa. Lectura dun poema de Rosalía e marcha a pé até a estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, para tomar o tren deica Compostela.
17.45 Saída do tren, identificado co nome Follas Novas, cara a Santiago.
As persoas que queiran formar parte do cortexo facendo uso do tren, entre Padrón e Compostela, deberán anotarse, antes do vindeiro 8 de xullo no correo electrónico oficina@aelg.org ou no teléfono 981 133 233 (luns a xoves, de 08:00 a 14:30 e de 15:30 a 17:30; venres de 08:00 a 14:00). O prezo será de cinco euros por persoa, que se aboarán durante o traxecto. (A viaxe en tren é só de ida desde Padrón a Compostela).
18.00 Recepción do tren «Follas Novas» na estación de Santiago de Compostela onde estará agardando a comitiva restante que non acudiu ao cemiterio e que se sumará neste momento ao cortexo a pé polas rúas compostelás. Recibimento musical. Saída pola rúa do Hórreo cara a Praza do Toural acompañados en todo momento de música.
18.45 Praza do Toural. Lectura de 3 poemas de Cantares Gallegos. Interpretación da peza “Cantigas e Agarimos” pola Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
19.15 Praza da Universidade. Audición do PietatSignore, de Stradella; lectura doutros tres poemas de Cantares Gallegos.
19.30 Praza de Cervantes. Escaparates da Libraría Couceiro dedicados ás obras de Rosalía. Lectura doutros tres poemas.
19.45 San Domingos de Bonaval. Audición do Ángelus, de Massenet, lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións dos grupos musicais e artistas participantes, lectura do comunicado/manifesto sobre os 125 anos de Rosalía e a reivindicación de apertura ao público do Panteón de Galegos Ilustres. Canto do Himno Galego.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Roteiro literario Pensa Nao

18 Xuño, 2010 (12:01) | Axenda Cultural | No comments

En terra de grandes das letras como Dodro e como homenaxe á novela de Anxo Angueira ambientada nos anos 30, a Concellaría de Desenvolvemento local inaugura un roteiro literario polos seus escenarios literarios.
Partiremos de Manselle ás 10.00 h e recolleremos velas ás 12.30 en Bexo.

Para os 50 primeiros que cheguen ao Souto, haberá un agasallo… así que, a non perder de vista a xornada.

Data:
Sábado, 19 de Xuño de 2010
Hora:
10:00 – 12:30
Lugar:
Todo Dodro partindo do Souto de Manselle
Chuzame! A Facebook A Twitter

125 versos para Rosalía

18 Xuño, 2010 (11:34) | Axenda Cultural | No comments

O venres 25 de Xuño de 2010 as 20:30 en Exposalnés en Cambados celebrase unha charla co título «O clamor da rebeldía» ofrecida por Pilar García Negro sobre a figura de Rosalía de Castro.

Estades todos convidados.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Colón chega a Combarro

18 Xuño, 2010 (11:09) | Axenda Cultural | No comments

Hoxe en Combarro comenza un fin de semana dedicado a figura de Colón e para elo o pobo de Combarro volvera a idade media.

Habera mercado medieval con artesanos de zocos, orfebres, canteiros, ,,, , as 19:30 na Escola do Campo celebrase unha conferencia titulada » O Colón de Poio» na que se debatira sobre a teoría da orixe galega de Colón.

Aquí vos deixo o programa completo:

ANIMATE E VISITA COMBARRO ESTE FIN DE SEMANA.

Chuzame! A Facebook A Twitter

FESTIGAL 2010

15 Xuño, 2010 (11:40) | Axenda Cultural | No comments

Sábado 24 de xullo ás 23h00

Os Cuchufellos (Galiza), banda multicultural formada por trompeta, saxos, baixo, guitarra, acordeón e percusión, que fan de cada concerto unha festa.

Galegoz (Galiza), banda consolidada que nace no 2005 como un experimento  para formar un grupo virtual que fusiona diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo… O orixinal son de Galegoz conséguese grazas ás bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas.

Banda Potemkin (Galiza), forxada  a partir de músicos de diversas formacións musicais (Os Papaqueixos, 3 Trebóns, Meniños da Rúa…). A proposta desta banda céntrase na variedade de ritmos balcánicos, afro-caribeños, funk, disco, rock e folque.

Santa Macairo Orkestar (Francia), banda que alterna nos seus ritmos fanfarria, raíces ska, a velocidade da música balcánica, ruído punk ou o blues de Nova Orleáns.

Domingo 25 ás 22h00

Bellón Maceiras Quinteto (Galiza), achega os espectadores a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, nunha posta en escena na que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical.

O’ Questrada (Portugal), banda suburbana que sabe das vivencias de Arrantela, da chegada dos alentexanos e algarvíos, das filharmónicas, dos cantares ciganos, de kuduro e funaná, do hard metal e do gótico

Susana Seivane (Galiza), a herdeira da familia Seivane conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galiza cun estilo xenuíno que está presente na súa forma de tocar, pois ela sabe sintetizar estilo «enxebre» dos devanceiros gaiteiros.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Folk in Rio

7 Xuño, 2010 (13:28) | Axenda Cultural | 1 comment

Unha cita para ter en conta e non perdela.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Olark Livehelp