Month: Setembro, 2010
Fai un videoclip
Jabón Blue e PAI Música danvos a oportunidade de facer o videoclip do tema “El baile de los huesos” do novo disco “Flores en la carretera”.
Se sempre quixeches facer un videoclip, tiveches alma de Scorsese ou simplemente tes gañas de demostrar o que podes facer envía o teu videoclip antes do 5 setembro de 2010 a Internet a través da páxina web de PAI-Música.
E ti dirás, para qué? Pois ben, a parte do prestixio, recoñecemento e fama mundial podes conseguir 2 pases de backstage e unha cea co grupo para un concerto a convir, e o máis importante: o teu vídeo será o videoclip oficial do tema!
Todos os participantes recibirán unha camiseta do grupo e os tres discos de Jabon Blue: Flores en la carretera (2010) en formato físico e os albumes La música va por dentro (2006) e By the White (2008) en formato dixital xa que actualmente están esgotados.
Máis info en : PAI MUSICA
XIV Xornadas Pedagóxicas de CANDEA
A asociación de ensinantes do Salnés, CANDEA, vén de presentar ao público as súas Xornadas Pedagóxicas (que van xa pola súa edición número 14) e que estarán centradas na biodiversidade da comarca.
O programadas xornadas arranca o luns día 13 as 4:30 da tarde, onde se abrirá o congreso coas inscripcións e a entrega da documentación. De 5 a 6 impartirase a primeira conferencia que correrá a cargo de Manuel Domínguez Rey títulada «Biodiversidade. A natureza do Salnés». Acto seguido Adela Leiro, Manuel Domínguez y Víctor Caamaño realizarán a presentación titulada «Recursos para traballar a natureza da comarca».
Este día pecharase coa presentación do libro Cabanillas do A ao Z e con un recital poético a cargo do grupo de declamación do IES Ramón Cabanillas.
O martes 14, segundo día das xornadas, a actividade será ao aire libre. Unha saída para coñecer ar árbores da comarca. Saída explicada por Manuel Domínguez Rey e Mon Daporta. A saídas mantendránse ata o final das xornadas: o mércores conoceránse as praias, dunas e areais; o xoves os acantilados; o vernes os recursos para o estudo da natureza, con paradas no Centro de Interpretación de A Siradella, o Museo do Mar e da Salga, e algún astillero.
Como de costume, as actividades englobadas nestas Xornadas están dirixidas ao profesorado e servirán para presentar novos materiais e fomentar o intercambio entre profesionais do ensino; ademais de poñer en valor os recursos que ofrece O Salnés a nivel etnográfico, cultural, natural, literario…
As Xornadas terán como sede o instituto Francisco Asorey, desde o día 13 ao 17 deste mes en horario de tarde, cubrindo un total de 20 horas presenciais. A inscrición é de 30 euros ou de 20 para membros de CANDEA e parad@s. Calquera que así o desexe pode apuntarse nos teléfonos 986530407 ou 986520161.
Ademais de conferencias e presentacións que terán lugar durante o primeiro día das Xornadas destacan as diferentes saídas temáticas para coñecer de cerca o que O Salnés nos ofrece; haberá unha dedicada a árbores, outra a dunhas, praias e areais, outra á costa rochosa e unha última centrada nos recursos para o estudo da natureza. Os ponentes durante as Xornadas serán Víctor Caamaño, Mon Daporta, Manuel Domínguez, Ramón Caride e Adela Leiro
LUGAR: Cambados
Roteiro en bicicleta por Dodro.
| Hora |
11 Setembro · 10:00 – 13:00
|
|---|---|
|
|
|
| Lugar | Igrexa de San Xian de Laiño, Concello de Dodro |
|
|
|
|
|
|
| Máis información | GUIADA POLO PROFESOR DE HISTORIA MANOLO LORENZO BALEIRÓN QUE COMENTARÁ OS DISTINTOS PUNTOS DA RUTA: Igrexa de Laíño-Muiño de Vento-Mámoa da Mina-Pazo de Bendaña-Igrexa de Dodro-Pazo de Lestrove-Pazo de Hermida-Brañas de Laíño-Aguas sulfurosas de Bexo-Mámoas da Paradegua-Castro de Bexo-Petroglifos de Bouza Badín-Campo da festa de Laíño |




