Fai un videoclip

2 Setembro, 2010 (18:42) | Actividades

Jabón Blue e PAI Música danvos a oportunidade de facer o videoclip do tema “El baile de los huesos” do novo disco  “Flores en la carretera”.

Se sempre quixeches facer un videoclip, tiveches alma de Scorsese ou simplemente tes gañas de demostrar o que podes facer envía o teu videoclip antes do 5 setembro de 2010 a Internet a través da páxina web de PAI-Música.

E ti dirás, para qué? Pois ben, a parte do prestixio, recoñecemento e fama mundial podes conseguir 2 pases de backstage e unha cea co grupo para un concerto a convir, e o máis importante: o teu vídeo será o videoclip oficial do tema!

Todos os participantes recibirán unha camiseta do grupo e os tres discos de Jabon Blue:  Flores en la carretera (2010) en formato  físico e os albumes  La música va por dentro (2006) e By the White (2008) en formato dixital xa que actualmente están esgotados.

Máis info en : PAI MUSICA

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp