XIV Xornadas Pedagóxicas de CANDEA

2 Setembro, 2010 (18:25) | Axenda Cultural

A asociación de ensinantes do Salnés, CANDEA, vén de presentar ao público as súas Xornadas Pedagóxicas (que van xa pola súa edición número 14) e que estarán centradas na biodiversidade da comarca.

O programadas xornadas arranca o luns día 13 as 4:30 da tarde, onde se abrirá o congreso coas inscripcións e a entrega da documentación.  De 5 a 6 impartirase a primeira conferencia  que correrá a cargo de Manuel Domínguez Rey   títulada  «Biodiversidade. A natureza do Salnés». Acto seguido Adela Leiro, Manuel Domínguez y Víctor Caamaño realizarán a presentación titulada «Recursos para traballar a natureza da comarca».

Este día pecharase coa  presentación do libro Cabanillas do A ao Z e con un recital poético a cargo do grupo de declamación do IES Ramón Cabanillas.

O martes 14, segundo día das xornadas, a actividade será ao  aire libre. Unha saída para coñecer ar árbores da comarca. Saída explicada por  Manuel Domínguez Rey e Mon Daporta. A saídas  mantendránse ata  o final das xornadas: o mércores conoceránse as praias, dunas e  areais; o  xoves os acantilados; o vernes os recursos para o estudo da natureza, con paradas no Centro de Interpretación de A Siradella, o Museo do Mar e da Salga, e algún astillero.

Como de costume, as actividades englobadas nestas Xornadas están dirixidas ao profesorado e servirán para presentar novos materiais e fomentar o intercambio entre profesionais do ensino; ademais de poñer en valor os recursos que ofrece O Salnés a nivel etnográfico, cultural, natural, literario…

As Xornadas terán como sede o instituto Francisco Asorey, desde o día 13 ao 17 deste mes en horario de tarde, cubrindo un total de 20 horas presenciais. A inscrición é de 30 euros ou de 20 para membros de CANDEA e parad@s. Calquera que así o desexe pode apuntarse nos teléfonos 986530407 ou 986520161.

Ademais de conferencias e presentacións que terán lugar durante o primeiro día das Xornadas destacan as diferentes saídas temáticas para coñecer de cerca o que O Salnés nos ofrece; haberá unha dedicada a árbores, outra a dunhas, praias e areais, outra á costa rochosa e unha última centrada nos recursos para o estudo da natureza. Os ponentes durante as Xornadas serán Víctor Caamaño, Mon Daporta, Manuel Domínguez, Ramón Caride e Adela Leiro

LUGAR: Cambados

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp