O CIRCO DA LINGUA

11 Outubro, 2010 (19:55) | Axenda Cultural, Campañas doutros colectivos

QUEREMOS GALEGO
organiza

O Circo Da Lingua:

Sábado 16 de outubro en Soutomaior


PROGRAMA:

11:30 h ROTEIRO MUSICAL: actividade infantil dirixida polo músico Marcelo González. Durante o roteiro @s moz@s irán reciclando diferentes materiais para construír os seus instrumentos.

Lugar de Saída: Casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)

…11:30 h XOGOS TRADICIONAIS: mostra de xogos tradiconais galegos na que os participantes poderán coñecer e desfrutar das diferentes modalidades do xogo tradicional galego. A partir das 12.00 h comezará o campionato de bolos celtas.

Lugar: Carreira de Bolos do Val-Sobral

14 :00 h XANTAR. Comida popular e sobremesa con diferentes actividades musicais e intervencións. Os bonos para o xantar (15 euros) poderán solicitarse a través do enderezo electrónico: queremosgalegosoutomaior@gmail.com.

Prazo para anotarse ao xantar: mércores 13

16:00 h. CASTELOS INCHÁBEIS PARA NEN@S

Lugar:Alameda de Talorío

16:00 h FEIRA DO LIBRO. Mostra e venda de libros na que participarán diferentes editoriais e librarías galegas.

Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)

16:00 h FEIRA DE ARTESANÍA. Mostra e venda de diferentes produtos artesanais na que participarán artesáns chegados de diferentes lugares do país.

Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)

17:00 h ESPECTÁCULOS DE RÚA. Espectáculos de diferentes artistas galegos que amenizarán a xornada con xogos malabares, espectáculos de clown, música, paiasos etc. Nos espectáculos de Rúa contaremos coa presenza das compañías:

Os 7 magníficos +1

O circo escangallado

Lugar: Peirao (Arcade – Soutomaior)

17:30 MESA DE DEBATE “Un futuro en galego: retos de hoxe para unha lingua normalizada”

A palestra contará coas intervencións de :

Anxo Louzao ( Secretario nacional de CIG Ensino)

Bieito Lobeira (Deputado e voceiro de lingua do BNG)

Fran Rei (Portavoz da Plataforma Cidadá Queremos Galego)

Pilar García Negro (Sociolingüista e profesora na Facultade de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña)

Xosé Henrique Costas (Vicerreitor da Universidade de Vigo e Catedrático de Lingua Galega)

Lugar: Multiusos de Arcade (Soutomaior)

20:30 CONCERTOS NA ALAMEDA DE TALORÍO

Güintervan

Nao

Os tres trebóns e os homes sen medo

Som do Galpom

Xa podes mercar a tua camiseta de apoio. Podes facelo:

Chamando aos telefonos: 986565059 ou 693421476

Ou tamén:  salnes@queremosgalego.org queremosgalego@queremosgalego.org www.queremosgalego.org
Tallas: Home: XL, L, M, S        Muller: XL, L; M, S
Un saúdo.
Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp