Date: Outubro 30th, 2010

SAMAIN

30 Outubro, 2010 (19:06) | Artigos/ Feitos Históricos, Axenda Cultural | No comments

O Samaín é a festa orixen celta máis importante época pagana que dominou Europa ata o cristianismo, na que se celebraba o final da tempada de colleitas na cultura celta e  era considerada como o «Ano Novo Celta», que comenzaba coa estación oscura.

A antiga festividade céltica do samaín (pronunciado /ˈsˠaunʲ/ da Lingua irlandesa antiga samain) foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos

A festa do samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados fretando pólas de capudre e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.

Polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño –posteriormente cabazas- para pórlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galiza, destacándose Cedeira- ten continuidade nas festas de Halloween (adaptación do samaín na cultura estadounidense, sendo máis semellante a un entroido), que poderían ter sido exportadas aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX e comezos do XX.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Olark Livehelp