Category: Actividades
Fai un videoclip
Jabón Blue e PAI Música danvos a oportunidade de facer o videoclip do tema “El baile de los huesos” do novo disco “Flores en la carretera”.
Se sempre quixeches facer un videoclip, tiveches alma de Scorsese ou simplemente tes gañas de demostrar o que podes facer envía o teu videoclip antes do 5 setembro de 2010 a Internet a través da páxina web de PAI-Música.
E ti dirás, para qué? Pois ben, a parte do prestixio, recoñecemento e fama mundial podes conseguir 2 pases de backstage e unha cea co grupo para un concerto a convir, e o máis importante: o teu vídeo será o videoclip oficial do tema!
Todos os participantes recibirán unha camiseta do grupo e os tres discos de Jabon Blue: Flores en la carretera (2010) en formato físico e os albumes La música va por dentro (2006) e By the White (2008) en formato dixital xa que actualmente están esgotados.
Máis info en : PAI MUSICA
Roteiro por Nantes. As fotos

Dende hoxe xa podedes ver as fotos do roteiro por Nantes no seguinte enlace:
http://picasaweb.google.com/arelasdeaquelar/RoteiroParroquiaDeNantes#
Nel poidemos descubrir a maxia de San Xoan coa fonte e a capela, as Herbas, o Con da Romaíña e as súas lendas, a igrexa de Nantes e o cruceiro, a reitoral, o Pazo da Maza e o castro de Nantes.
Agardamosvos no seguinte roteiro.
ROTEIRO GUIADO – NANTES – SANXENXO

Nas vísperas de San Xoán, descubriremos a maxia de San Xoán – a fogueira, as propiedades das flores da auga de san Xoán… a ruta discorre por diferentes lugares de NANTES:
- Fonte de San Xoán
- Cruceiro do Santo: a tradicional Madama
- Capela do Santo
- Con da Romaíña: a lenda
- Pazo de Maza
- lugar da Igrexa: o verbo dos canteiros
e finaliza no Castro de NANTES
Esta actividade é de balde.
Recomendamos o uso de calzado e roupa cómoda para andar.
A duración aproximada do percorrido guiado é de 3 horas (paradas incluídas, nunpercorrido lineal de 2 km aprox).
Mapa co punto de encontro:

Percorrendo o Río Pintillón.

Como xa é habitual en Arelas de Aquelar deixamosvos a galería de fotos da actividade que fixemos hoxe, irase ampliando a medida que nos vaian chegando as fotos.
http://picasaweb.google.com/arelasdeaquelar/RoteiroRioPintillon#
Hoxe tivemos a oportunidade de descubrir o que agocha un rio, poidemos ver as pintengas (salamandras) ou pintafontes (tritons), coñecer que animais habitan un rio, ver as peculariedades da vexetación que bordea ó regato e observar prantas e árbores autóctonos e outras invasivas.
Como exemplo dicir que vimos un exemplar de pintega rabilonga ou salamandra (chioglossa lusitanica), un exemplar adulto, endémica do noroeste peninsular, única no seu xénero no mundo. É moi acuática e un bioindicador da calidade e oxigenación das augas. É o anfibio máis representativo de Galiza, un dos símbolos de Galiza. Pois so se atopa no noso país, norte de Portugal e oeste de Asturias. É o único anfibio que para escapar do seu depredador chega a deixar a cola atrás, desfaise dela, esta moi protexido e hai que coidar de que non desaparezca. Entrade no albume e veredes cousas moi curiosas.
Moitas grazas a todos ós que participachedes e ata a próxima actividade.
ROTEIRO GUIADO – RIO PINTILLON – DORRON

Dentro do PROXECTO RÍOS, inspeccionaremos un treito do RÍO PINTILLÓN, en Dorrón. Acompañaranos un técnico de Adega para ofrecernos unhas nocións básicas de flora, fauna, utilidades, patrimonio…. dos nosos ríos.
Esta actividade é de balde. Entre a charla formativa e o roteiro guiado disporemos de 2 horas para xantar por libre.
Recomendamos o uso de zapatos resistentes ao auga (botas ou ben, calzado de muda) e roupa cómoda para andar. Certos tramos do río son de difícil acceso a sillas de nenos.
MAPA COS PUNTOS DE ENCONTRO.-

PROXECTO RÍOS.- para coñecer máis deste proxecto: www.proxectorios.org ou visita neste blog o seguinte apartado http://arelasdeaquelar.blogaliza.org/2009/02/15/programa-rios-de-lingua-e-cultura/
LEMBRANZAS: O BARRO E AS TELLEIRAS

Para aqueles que non puideron asistir á presentación do libro «O Barro e as Telleiras» e máis á exposición que tivo lugar no centro cultural de Vilalonga o ano pasado, aquí atoparedes as fotos.
Libro e exposición que fan un percorrido polas telleiras que había na ría de Arousa, incluído o concello de Sanxenxo, con fotos onde se amosaban o traballo e o proceso para facer as tellas.
Ademáis proxectouse unha curtometraxe do ano 1987 na que se mostra como se facían as tellas artesanalmente na última telleira que aínda funcionaba e que pouco despois pechou. Curtametraxe que no seu día foi galardoada con varios premios e que a asociación CANDEA recuperou para que non se perdera este último documental.
http://picasaweb.google.com/arelasdeaquelar/ExposicionAsTelleiras#
LETRAS GALEGAS 2009

Para os que non coñecen a Clara Abel e Alfonso Pino, dicir que o dúo de arpa celta, violoncello e voces formado por Clara Pino e Alfonso Abel nace por mor das inquedanzas que os seus dous compoñentes amosan pola música tradicional galega. Debido a súa ampla experiencia noutras formacións, como por exemplo Sete Saias, da que Clara Pino é membro fundador, teñen actuado en numerosos puntos da xeografía galega ( Ortigueira, Fundación Pedro Barrié de la Maza..). Na actualidade están a piques de editar coa formación Covalblú o seu segundo traballo discográfico titulado Mai. Entre o seu repertorio podemos atopar dende versións de pezas tradicionais ata composicións propias, o que fai deste dúo unha proposta versátil e chea de intimismo, distribuído por Lonxa Cultural.
Para escoitalos preme no seguinte enlace: http://www.myspace.com/covalblu


