Category: Axenda Cultural

SAMAIN

30 Outubro, 2010 (19:06) | Artigos/ Feitos Históricos, Axenda Cultural | No comments

O Samaín é a festa orixen celta máis importante época pagana que dominou Europa ata o cristianismo, na que se celebraba o final da tempada de colleitas na cultura celta e  era considerada como o «Ano Novo Celta», que comenzaba coa estación oscura.

A antiga festividade céltica do samaín (pronunciado /ˈsˠaunʲ/ da Lingua irlandesa antiga samain) foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos

A festa do samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados fretando pólas de capudre e teixo. Con esta cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.

Polo samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño –posteriormente cabazas- para pórlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galiza, destacándose Cedeira- ten continuidade nas festas de Halloween (adaptación do samaín na cultura estadounidense, sendo máis semellante a un entroido), que poderían ter sido exportadas aos Estados Unidos de América polos irlandeses no século XIX e comezos do XX.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O CIRCO DA LINGUA

11 Outubro, 2010 (19:55) | Axenda Cultural, Campañas doutros colectivos | No comments

QUEREMOS GALEGO
organiza

O Circo Da Lingua:

Sábado 16 de outubro en Soutomaior


PROGRAMA:

11:30 h ROTEIRO MUSICAL: actividade infantil dirixida polo músico Marcelo González. Durante o roteiro @s moz@s irán reciclando diferentes materiais para construír os seus instrumentos.

Lugar de Saída: Casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)

…11:30 h XOGOS TRADICIONAIS: mostra de xogos tradiconais galegos na que os participantes poderán coñecer e desfrutar das diferentes modalidades do xogo tradicional galego. A partir das 12.00 h comezará o campionato de bolos celtas.

Lugar: Carreira de Bolos do Val-Sobral

14 :00 h XANTAR. Comida popular e sobremesa con diferentes actividades musicais e intervencións. Os bonos para o xantar (15 euros) poderán solicitarse a través do enderezo electrónico: queremosgalegosoutomaior@gmail.com.

Prazo para anotarse ao xantar: mércores 13

16:00 h. CASTELOS INCHÁBEIS PARA NEN@S

Lugar:Alameda de Talorío

16:00 h FEIRA DO LIBRO. Mostra e venda de libros na que participarán diferentes editoriais e librarías galegas.

Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)

16:00 h FEIRA DE ARTESANÍA. Mostra e venda de diferentes produtos artesanais na que participarán artesáns chegados de diferentes lugares do país.

Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)

17:00 h ESPECTÁCULOS DE RÚA. Espectáculos de diferentes artistas galegos que amenizarán a xornada con xogos malabares, espectáculos de clown, música, paiasos etc. Nos espectáculos de Rúa contaremos coa presenza das compañías:

Os 7 magníficos +1

O circo escangallado

Lugar: Peirao (Arcade – Soutomaior)

17:30 MESA DE DEBATE “Un futuro en galego: retos de hoxe para unha lingua normalizada”

A palestra contará coas intervencións de :

Anxo Louzao ( Secretario nacional de CIG Ensino)

Bieito Lobeira (Deputado e voceiro de lingua do BNG)

Fran Rei (Portavoz da Plataforma Cidadá Queremos Galego)

Pilar García Negro (Sociolingüista e profesora na Facultade de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña)

Xosé Henrique Costas (Vicerreitor da Universidade de Vigo e Catedrático de Lingua Galega)

Lugar: Multiusos de Arcade (Soutomaior)

20:30 CONCERTOS NA ALAMEDA DE TALORÍO

Güintervan

Nao

Os tres trebóns e os homes sen medo

Som do Galpom

Xa podes mercar a tua camiseta de apoio. Podes facelo:

Chamando aos telefonos: 986565059 ou 693421476

Tallas: Home: XL, L, M, S        Muller: XL, L; M, S
Un saúdo.
Chuzame! A Facebook A Twitter

Un pouco de música en directo.

27 Setembro, 2010 (18:12) | Axenda Cultural | No comments

VULKANO en concerto:

Hora
Venres, 01 de Outubro ás 22:30 – 02 Outubro ás 1:00

Lugar No local da eSMoRGa, Noalla!

OBIBASE en concerto

Domingo, 03 de Outubro · 20:30 – 23:30

na Regueifa (Ponteareas)


Folk Focus en concerto

Hora
Sábado, 09 de Outubro · 21:30 – 23:30

Lugar Os Bardos (Ourense)
Chuzame! A Facebook A Twitter

XIV Xornadas Pedagóxicas de CANDEA

2 Setembro, 2010 (18:25) | Axenda Cultural | No comments

A asociación de ensinantes do Salnés, CANDEA, vén de presentar ao público as súas Xornadas Pedagóxicas (que van xa pola súa edición número 14) e que estarán centradas na biodiversidade da comarca.

O programadas xornadas arranca o luns día 13 as 4:30 da tarde, onde se abrirá o congreso coas inscripcións e a entrega da documentación.  De 5 a 6 impartirase a primeira conferencia  que correrá a cargo de Manuel Domínguez Rey   títulada  «Biodiversidade. A natureza do Salnés». Acto seguido Adela Leiro, Manuel Domínguez y Víctor Caamaño realizarán a presentación titulada «Recursos para traballar a natureza da comarca».

Este día pecharase coa  presentación do libro Cabanillas do A ao Z e con un recital poético a cargo do grupo de declamación do IES Ramón Cabanillas.

O martes 14, segundo día das xornadas, a actividade será ao  aire libre. Unha saída para coñecer ar árbores da comarca. Saída explicada por  Manuel Domínguez Rey e Mon Daporta. A saídas  mantendránse ata  o final das xornadas: o mércores conoceránse as praias, dunas e  areais; o  xoves os acantilados; o vernes os recursos para o estudo da natureza, con paradas no Centro de Interpretación de A Siradella, o Museo do Mar e da Salga, e algún astillero.

Como de costume, as actividades englobadas nestas Xornadas están dirixidas ao profesorado e servirán para presentar novos materiais e fomentar o intercambio entre profesionais do ensino; ademais de poñer en valor os recursos que ofrece O Salnés a nivel etnográfico, cultural, natural, literario…

As Xornadas terán como sede o instituto Francisco Asorey, desde o día 13 ao 17 deste mes en horario de tarde, cubrindo un total de 20 horas presenciais. A inscrición é de 30 euros ou de 20 para membros de CANDEA e parad@s. Calquera que así o desexe pode apuntarse nos teléfonos 986530407 ou 986520161.

Ademais de conferencias e presentacións que terán lugar durante o primeiro día das Xornadas destacan as diferentes saídas temáticas para coñecer de cerca o que O Salnés nos ofrece; haberá unha dedicada a árbores, outra a dunhas, praias e areais, outra á costa rochosa e unha última centrada nos recursos para o estudo da natureza. Os ponentes durante as Xornadas serán Víctor Caamaño, Mon Daporta, Manuel Domínguez, Ramón Caride e Adela Leiro

LUGAR: Cambados

Chuzame! A Facebook A Twitter

Outro xeito de escoitar música

1 Setembro, 2010 (16:04) | Axenda Cultural | No comments

Hora
Venres · 23:00 – 23:30

Lugar Pailebote Nieves, Embarcadeiro 2, Porto de Ogrove.

Máis información La Acustikasesina Hastalacocina ao vivo no Pailebote Nieves.
Venres 3 de Setembro.
A partir das 23:00h. ENTRADA 3€.

NON FALTES !!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Roteiro en bicicleta por Dodro.

1 Setembro, 2010 (15:55) | Axenda Cultural | No comments

Hora
11 Setembro · 10:00 – 13:00

Lugar Igrexa de San Xian de Laiño, Concello de Dodro


Máis información GUIADA POLO PROFESOR DE HISTORIA MANOLO LORENZO BALEIRÓN QUE COMENTARÁ OS DISTINTOS PUNTOS DA RUTA:
Igrexa de Laíño-Muiño de Vento-Mámoa da Mina-Pazo de Bendaña-Igrexa de Dodro-Pazo de Lestrove-Pazo de Hermida-Brañas de Laíño-Aguas sulfurosas de Bexo-Mámoas da Paradegua-Castro de Bexo-Petroglifos de Bouza Badín-Campo da festa de Laíño
Chuzame! A Facebook A Twitter

Festival Irmandiño

20 Agosto, 2010 (14:37) | Axenda Cultural | No comments

PROGRAMA 2010*/

SÁBADO 21

A partir das 11.00h e ao longo do día:

Exposicións no Castelo

Festival Irmandiño

Mostra de Etnografía e Oficios Tradicionais

Música Ambiental a cargo do compositor local ANGELUS MAERENS

As 13.30h:

Sardiñada e Repichoca Popular

ao carón do Castelo con zona habilitada para xantar

As 16.30h:

Obradoiro Infantil

As 18.30h:

Competición de Xogos Populares

A partir das 22.00h actuación dos grupos:

SLAINTE (Catalunya)

ALALÉ (Irlanda)

QUEMPALLOU (Galiza)

RONCARELA (Galiza)

A partir das 00.00h:

Lectura do pregón a cargo de Isabel Risco e Asalto ao Castelo.

Acampada e aparcamentos gratuítos nas inmediacións do festival

Máis info en: http://www.festivalirmandino.galeon.com/XXXI_Festival.html

Chuzame! A Facebook A Twitter

Suso de Toro.

10 Agosto, 2010 (15:12) | Axenda Cultural | No comments

O Xoves dia 12 as 20:30 horas, para conversar con seus lectores e asignar libros da sua extensa produccion literaria Suso de Toro estará na librería Nós de Sanxenxo. Particularmente a sua última obra SETE PALABRAS editada por Edicions Xerais de Galicia en galego.

Biografía:

Suso de Toro (Santiago,1956) licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. Escritor, Premio Nacional de Narrativa 2003. Como Narrador publico: Caixón desastre (1983,1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; Polaroid (1986), Premio da Critica Galicia; Land Rover (1988), novela; Ambulancia (1990), novela; Tic-Tac (1993,2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; A sombra cazadora (1994), novela; Conta saldada (1996), novela; Calzados Lola (1997), Premio Blanco Amor 1997; Círculo (1998), relatos; Non volvas (2000), novela, Premio da Crítica Española; Trece badaladas (2002), novela, que fué adaptada libremente al cine por Xavier Villaverde, con título homónimo (2003) y Premio Nacional de Narrativa 2003; Morgún (Lobo Máxico) (2003), novela; Home sen nome (2006), novela; Y Sete Palabras (2009), novela. Escribio libros de periodismo y ensayo. Su obra esta publicada por Xerais en casi su totalidad.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Noalla VIVA

4 Agosto, 2010 (14:11) | Axenda Cultural | No comments

Este sábado 7 de Agosto, nova edición do festival NoallaViva! ´10, con grupos como os míticos «Los Limones», «Hells Raiders», «CríaCuervos» e para rematala noite Dj Ma.Ca.Lo. in session. Grande noite no que a diversión, o espectáculo e a música estarán garantizados. Ademáis disporase dunha barra da eSMoRGa para que non vos falte de nada!. A partir das 23.00h. ó lado do campo de futbol da Lanzada, aCoDiDe ToD@S ;-)

¡¡ENTRADA LIBRE… PARA TÓDOLOS PÚBLICOS!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Lilainas

22 Xullo, 2010 (14:44) | Axenda Cultural | No comments

Novo libro sobre Sanxenxo: A libraría NOS Ten presenta o libro LILAINAS do escritor Antonio Castro Martínez (Toño) editado pola Librería Nós. A presentación estará a cargo do periodista Manuel Jabois.
O acto terá lugar na Sala Náutica Caixagalicia o vernes día 23 de xulio as 20.30 h.
Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp