Category: Campañas doutros colectivos

QUEREMOS GALEGO!

9 Outubro, 2009 (20:43) | Campañas doutros colectivos | No comments

QUEREMOSGALEGO-1

Se aínda non te adheriches á Plataforma QUEREMOS GALEGO! faino xa entrando en http://www.queremosgalego.org/

Chuzame! A Facebook A Twitter

Galego: Patrimonio da humanidade.

19 Xullo, 2009 (19:08) | Campañas doutros colectivos | No comments

Se quere adherirse ao manifesto «GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE», ten que asinar no seguinte blog:

http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/asina-aqui/

MANIFESTO:

Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o idioma galego era merecente dunha especial protección por parte dos poderes públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun idioma que foi sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia. A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man.

A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas.

Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da vixente Lei de Normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal Constitucional así o confirman. Porén, o PP saíu do consenso. Pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país.

A sociedade galega que sente aprecio cara á súa lingua -independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente- debe reclamar unha volta do PP a un terreo común, así como mostrar o seu acordo coas políticas de afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a Xunta, e que non buscan senón a súa protección. O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Semana Cultural Abiñadoira

25 Xuño, 2009 (14:09) | Axenda Cultural, Campañas doutros colectivos | No comments

clip_image002

Chuzame! A Facebook A Twitter

II REGATA DO SEPELO

10 Xuño, 2009 (12:11) | Axenda Cultural, Campañas doutros colectivos | No comments

cartel_web2

O vindeiro sabado 13 de xuño, Portonovo encherase de velas ao tercio de dornas máis rápidas do mundo. Coma o ano pasado, serña a delícia de todo visitante ver na Ría de Pontevedra máis de vintecinco embarcacións aparelladas a vela como antano, e Portonovo revivirá o seu pasado mariñeiro inda que sexa por un día.

O percorrido da regara será de dúas voltas a un triángulo situado na ribeira de Portonovo, partindo dende a punta do muelle cara o Seame, virando cara o Morrazán e a de volta ao muelle. Esperemos que o mal tempo que hai estes días e mellore e que haxa «jasolina» suficiente para as velas.

Inda que estas dornas non van chegar de peixe «a plan», o resultado da regata «subhastarase» na lonxa coa correspondente entrega de premios e, coma non podía ser doutra maneira, cunha boa papadela pra recobrar as forzas gastadas nas maniobras.

Esperámosvos en Portonovo este sábado!!

Máis información en: http://www.amigosdadorna.org/novas.html

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ponte nas Ondas

28 Maio, 2009 (16:50) | Campañas doutros colectivos | No comments

O próximo venres 5 de xuño vaise celebrar a XV Xornada Ponte nas Ondas. Un evento que unha vez máis xuntará voces e esforzos desde Galiza e o Norte de Portugal, a prol do patrimonio cultural común e onde as escolas ás dúas beiras do Miño volven ser protagonistas.

Desta volta, a asociación Ponte nas Ondas e Vieiros convídanvos a participar nun pequecho concurso. En 100 palabras como máximo tedes unha pregunta a responder: Cal é o teu tesouro vivo?. É dicir, cales son as cualidades que máis aprecias da persoa ou grupo que para ti mellor representa o concepto de «tesouro vivo». Non hai limite de idade nin de número de relatos enviados. Agardamos a vosa creatividade e ideas a prol do patrimonio.

Recordade que podemos atopar exemplo de tesouros humanos vivos en calquera destes ámbitos:

1.Nas tradicións e expresións orais nas cales a lingua é soporte da expresión cultural.

2.Nas artes do espectáculo: danzas, cantos, romarías e rituais festivos.

3.Nos usos sociais, rituais e actos festivos que se realizan ao longo do ciclo anual.

4.Nos coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo. Tanto na cultura agraria como marítima encontramos todo un saber asociado a diferentes prácticas e usos.

5.Nas técnicas artesanais tradicionais relacionadas cos oficios e saberes.

Para enviar os vosos textos e os vosos tesouros esta é a dirección:  pontenasondas@pontenasondas.org

Para máis datos podedes consultar a web de Ponte nas Ondas:  http://www.pontenasondas.org/

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Memoria do Mar

4 Xaneiro, 2009 (16:04) | Campañas doutros colectivos | No comments

A cultura marítima galega é, sen dúbida unha das máis ricas de Europa. Nela converxen tanto o saber máis tradicional, onde a pesca, o marisqueo e a cabotaxe costeira conforman os seus principais alicerces, como as vinculacións marítimas con outros pobos e as navegacións transoceánicas.

Por eso dende o Museo do Mar de Vigo creouse unha web para recopilar e dixitalizar os álbumes familiares para que a memoria non esqueza: http://memoria.museodomar.com. Dixitalizan as fotografías, diapositivas ou negativos con contido relacionado co mar en sentido amplo: imaxes de embarcacións, artes de pesca, bañistas, do litoral, redeiras, procesións, tascas mariñeiras ou xuntanzas de pescadores son uns poucos exemplos do material que dixitalizan.
O Museo do Mar non fica cos orixinais que son devoltos aos seus propietarios unha vez dixitalizados. É máis, as persoas que colaboran no proxecto, alén de contribuíren á conservación, catalogación e difusión do patrimonio fotográfico, levan un CD coas súas fotografías dixitalizadas.

http://www.memoriadomar.org

Chuzame! A Facebook A Twitter

O Apalpador.

26 Decembro, 2008 (23:23) | Artigos/ Feitos Históricos, Campañas doutros colectivos | No comments

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento.

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

O Apalpador quer ser o teu amigo… en Facebook
A intervención e participación nas redes sociais contribuíu altamente á divulgación desta personaxe. Co apoio da plataforma ridiculista Sei o que nos Figestes, creouse mesmo un grupo no Facebook chamado O Apalpador quer ser o teu amigo. Tres semanas despois da súa creación, xa conta con máis de 300 membros.

Ademais, nos últimos días sóubose dun outro nome que leva esta figura no sur do país: O Pandigueiro. Este baixaba da Cabeza Grande pola banda de Trives e de que se agochaba na Raíña Loba pola banda do val do Salas. A cantiga chamábao: «Pandigueiro na noitiña, Pandigueiro vén axiña».

A cantiga de Amadora de Galego

Vai-te logo meu ninín/niniña,
marcha agora pra camiña.
Que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.

Xa chegou o día grande,
E virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa vén relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo
.

Cantiga de Amadora de Galego, labrega de 79 anos en Romeor do Courel
(Recollida en 1994 por José André Lôpez Gonçâlez)

Dende A Gentalha do Pichel animan a que se reintroduza esta figura para popularizala entre os máis pícaros.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O noso Nadal, galego e verde

23 Decembro, 2008 (12:11) | Campañas doutros colectivos, Sen clasificar |

O Consello da Xuventude de Galicia www.cxg.org, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e da Área de Medio Ambiente, elaborou a Guía «O NOSO NADAL, GALEGO E VERDE« cuxo obxectivo principal é promover entre toda a poboación, especialmente entre os mozos e mozas, un Nadal en galego e un Nadal verde, para o que se facilitan alternativas e ideas para celebrar estas festas recuperando tradicións propias, respectando o medio e sendo orixinais.

A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde.
Curtas na Rede Pincha na imaxe para ver o cartel co contido do programa.
A guía de galego ofrece información para vivir un Nadal íntegramente en galego e recuperar tradicións que se están a perder ou son descoñecidas entre a poboación xuvenil, como poden ser os cantares de Nadal ou algunhas receitas típicas galegas propias desta época. Por outra banda, tamén se dan algunhas suxestións para agasallar literatura, música ou novas tecnoloxías en galego.

Polo que respecta á guía verde, facilítanse consellos para que a celebración destas festas sexan máis ecolóxicas e respectuosas co medio, cos animais e coas plantas, deste xeito a nosa pegada ecolóxica será menor. As propostas refírense aos diferentes aspectos do Nadal: a decoración das casas, a iluminación e acondicionamento, a compra dos alimentos, os agasallos e, finalmente, os residuos. Neste sentido, ofrécense receitas verdes e
ideas sobre regalos alternativos, ecolóxicos e solidarios.

Ademais, a guía recolle cinco contos de Nadal, creados especialmente para esta ocasión por Anxos Sumai, Francisco Castro, Santiago Jaureguizar, Tamara Canosa e Victoria Rozados. Tamén se recollen dous contos tradicionais de H. C. Andersen: «O Abeto» e «A nena dos mistos».
Chuzame! A Facebook A Twitter

Chamate con xeito

25 Novembro, 2008 (02:36) | Campañas doutros colectivos |

A nosa campaña de sensibilización sobre os nomes e apelidos:
CHÁMATE CON XEITO

Coa campaña CHÁMATE CON XEITO (**Llámate con jeito ?) a Área de Normalización da Universidade de Vigo quere suscitar unha reflexión entre a nosa comunidade universitaria acerca de como nos chamamos, de como nos chamaron e de como deberían ser os nosos nomes en galego e en castelán.

Esta campaña pretende chamar á reflexión serena e informada sobre a nosa identidade onomástica. Se oficialmente todos os topónimos galegos son Toxeiro ou Ameixeiras, por que os meus apelidos son Tojeiro e Ameijeiras, cando en castelán serían algo así como *Aliaguero e *Ciruelos ? En que lingua teño correctamente os meus apelidos ? En que lingua debería telos ? Prentedemos con esta campaña que a xente se pare a pensar nisto e logo opte: ou en correcto galego ou en correcto castelán, pero nunca en formas híbridas de ningunha lingua, formas híbridas que non son senón o estigma dunha asimilación non consumada.

Esta campaña CHÁMATE CON XEITO vai dirixida ás persoas que teñen o nome ou o apelido en forma regaleguizable. Por exemplo, Celia López Mariño xa é de seu un nome plenamente galego, pero en Iria Quintana Muíños deberíase regaleguizar o apelido (Quintá) e en Ángeles Sotelo Feijoo habería que regaleguizar o nome completo (Anxos Soutelo Feixó ou Feixoo), porque está en forma híbrida (a forma castelá sería *Ángeles Sotillo Habichuelo).

Nesta campaña CHÁMATE CON XEITO pretendemos que a xente, despois de reflexionar sobre o seu nome e apelidos, teña coñecemento de se estes están en forma galega correcta ou en forma híbrida e, se fose así e quixera, poida poñelos correctamente en galego, porque en moitos casos a forma castelá soaría moi rara ou mesmo sería inexistente, como podemos doadamente comprobar.

Por exemplo, se uns Carlos Ojea Losada e Marina Freijo Otero desexasen galeguizar cadanseus nomes e apelidos, nós poderiámoslles facilitar información sobre eles e tramitarlles informes oficiais da RAG ou do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo nos que constase como deberían ser eses nomes e apelidos en correcto galego, informes destinados aos rexistros civís que é onde se tramitan estes expedientes. Así, nun tempo moi breve, estas persoas deixarían de «llamarse con jeito» e pasarían a «chamarse con xeito»: Carlos Oxea Lousada e Mariña Freixo Outeiro (porque en correcto castelán serían *Carlos Eugenia Losada e *Marina Fresno Cerro).

http://www.chamateconxeito.com/

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp