Category: Na rede

Petroglifos: a guía para visitalos

20 Maio, 2010 (21:39) | Campañas doutros colectivos, Na rede | No comments

«A un mes del solsticio de verano,y a un poco mas de una semana para que el sol se ponga en los 289ºque indican el soslticio prehistórico…………..tal vez alguien se anime a subir a As Laxiñas los días indicados y hacer la fotografía sobre el cabo que yo no podré hacer; pues estaré en Lanhelas , en la desembocadura del Miño, comprobando si el sol se pone sobre el Monte Torroso y el Laberinto de Marzán (O Rosal) »

Así  relata a visita a un dos lugares onde se poden ollar petroglifos o creador do blog » El Laberinto atlántico» unha guía imprescindíbel para os amantes destas representacións gráficas grabadas nas rochas polos nosos antepasados.

Neste blog atopanse localizados a maioria destes petroglifos de Galiza por iso os invito a que lle botedes unha ollada tanto si vos gusta visitar eses espazos ou ben si queredes visitalos ou mesmo descubrir un pouquiño máis desta interesante iniciativa.

Aquí vos deixo o enlace: El laberinto Atlántico

Chuzame! A Facebook A Twitter

Bellón Maceiras: Folkfusión

6 Marzo, 2010 (17:59) | Na rede | No comments

Novo disco de BM5

Xa falta moi pouquiño para que saia o novo disco de BellónMaceiras Quinteto, que se chamará «Folk Fusión» e que estará listo a mediados de abril. Ata entón, podedes escoitar un adianto no apartado Multimedia Vídeos (ó final de todo), no que tedes un enlace ó youtube a un vídeo cun tema que irá neste cd. Esperamos que vos guste a todos. Benvidos ó Folk Fusión!

Podedes escoitar como sona o seu primer tema en Facebook, preme aqui:  http://www.facebook.com/pages/BellonMaceiras-Duo-e-Quinteto/74742357337?ref=nf&v=wall#!/video/video.php?v=389923099446

E para máis datos aqui vos deixo a súa web:  http://www.bellonmaceiras.com/

Chuzame! A Facebook A Twitter

FLOCOS.TV

14 Decembro, 2008 (21:14) | Na rede | No comments

Flocos.tv pretende ser un excelente escaparate no que facer visible unha gran parte da produción audiovisual galega. Trátase en moitos casos de producións difíciles de ver noutras pantallas, e noutros de creacións rescatadas do esquecemento que forman parte xa da nosa historia. O portal tamén se abrirá á industria audiovisual como ferramenta para as súas campañas de promoción.

pódense ver en Flocos.tv 25 curtametraxes galegas de diferentes formatos, estilos e épocas, desde creacións recentes ata clásicos da produción do país. Os fondos desta pantalla do audiovisual galego en internet irán medrando de forma paulatina. Pronto se incorporarán outro tipo de obras audiovisuais, como documentais, obras experimentais, longametraxes, etc.

Cada día estrearase na web unha nova obra, e cada dúas semanas porase en marcha un novo ciclo temático. Unha das características máis notables é a alta calidade na que se poderán ver as obras na web, moi superior a habitual en portais como Youtube.com, e coa posibilidade incluso de dispoñer de audiovisuais en calidade HD.

En Flocos.tv pódense atopar agora mesmo curtametraxes de ficción, animación, documentais e experimentais. Entre os títulos cos que se pon en marcha o portal atópanse clásicos como «Coruña imposible» (Paco Rañal, 1995), «25×24″ (Antón Caeiro, 1985) e «Tranvías de La Coruña», o máis antigo documental galego que se conserva, datado en 1926.

Pero o núcleo da web compóñeno as obras actuais que permiten ao espectador coñecer por onde van as liñas de traballo dos creadores que protagonizan o período máis dinámico na historia do audiovisual galego. Pezas de ficción como «Galicia 2098″ de Edu Lavandeira e «Mind the gap» de Daniel Domínguez; curtas de animación como «O ataque dos kritters asasinos» de Sam Orti Martí e «A meiga chuchona» de Pablo Millán; curtas documentais como «Conversas com Deus» de Lara Bacelo e «Contactos» de Marcos del Pino; e curtametraxes experimentais como «Cuestión» de Estela Pan Vázquez e «Katiusca (os corpos agrícolas)» de Antón Coucheiro. Todas elas forman parte da relación de curtas presentes nesta web que aspira a converterse no cineclub do audiovisual galego.

Ligazóns
Chuzame! A Facebook A Twitter

Olark Livehelp