Category: Sen clasificar
AVELAÍÑA: concerto folk
O vindeiro venres 7 de agosto, ás 22:30 na praza dos Barcos, Sanxenxo. De balde.

A música folk sonará novamente en Sanxenxo, desta volta da man do grupo folk pontevedrés, AVELAÍÑA.
TRADITIUM é o nome que recibe o seu terceiro traballo. O disco está formado por un total de 10 pezas vocais e instrumentais, onde se mixturan melodías de autor con outras tradicionais e onde, máis que nunca, o grupo aúna tradiciòn e modernidade na súa música.
http://www.myspace.com/avelaina
Programa Ríos de Lingua e Cultura
O Proxecto Ríos posúe de seu unha importante vertente cultural. Para facer fincapé no patrimonio cultural presente nos ríos, o Proxecto Ríos deseñou o Proxecto Ríos de Lingua e Cultura, que pretende fomentar o emprego da lingua galega dende o ecoloxismo e a educación ambiental, mediante a recollida e divulgación de nomes asociados aos cursos fluviais. Queremos achegar á cidadanía a riqueza cultural e lingüística que o noso país agocha e que está a piques de se perder, manténdoa viva. Nesta primeira xeira a temática elixida será a fauna e flora (nomes, usos de plantas, tipos de pesca e/ou cazas de animais, receitas, etc). O programa terá continuidade en anos vindeiros centrándose noutras temáticas asociadas aos ríos, toponimia, cantigas, contos e lendas, etc.
Ríos de lingua e Cultura será un programa participativo no que grupos de persoas (centros de ensino, familias, asociacións culturais, etc) recollerán nomes e aspectos culturais asociados á fauna e flora dos cursos fluviais. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza do noso patrimonio inmaterial e que este se manteña no tempo. Para o desenvolvemento do programa o Proxecto Ríos vai editar un manual e unha guía de campo que se enviará a todas as persoas interesadas en participar. Coas achegas dos voluntarios e das voluntarias faremos unha nova guía coa intención de divulgar este patrimonio.
«O Garavanzo, o Sapo e o Zapato» (ou de como atopar a media laranxa)
O martes 17 de febreiro, ás 19:30 h na Biblioteca Pública de Pontevedra,
A Loca-Motora presenta o seu espectáculo de contos para adultos: «O Garavanzo, o Sapo e o Zapato» (ou de como atopar a media laranxa)
O espectáculo é un contacontos que fala do amor, dos encontros e desencontros. A través das dúas actrices da compañía achégase a este sentimento universal con referencias e guiños cómicos aos contos clásicos infantís, ao cine, á publicidade, á tradición, á literatura e poesía, á música.
Dende A Loca-Motora quixemos crear un espectáculo de contos sobre O Amor, ese sentimento. Decidimos realizalo para adultos, homes e mulleres que gusten de ler e de escoitar relatos. «O Garavanzo, O Sapo eo Zapato» é un contacontos intimista e literario para adultos, que a través das dúas actrices da compañía, aborda o tema da búsqueda do Amor, os encontros e desencontros de amores. Con referencias e guiños cómicos aos clásicos da literatura infantil, ao cine, á publicidade, á tradición, á música e á literatura. O espectador escoitará fermosos relatos de Angeles Mastretta, Xosé Saramago, Isabel Allende…
«O Amor, como a Eternidade é unha ambición, unha fermosa ambición da Humanidade» -Alessandro Baricco, Novecento-.
www.alocamotora.com
http://www.alocamotora.com/locamotoragaravanzo.html
O noso Nadal, galego e verde
A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde.
Polo que respecta á guía verde, facilítanse consellos para que a celebración destas festas sexan máis ecolóxicas e respectuosas co medio, cos animais e coas plantas, deste xeito a nosa pegada ecolóxica será menor. As propostas refírense aos diferentes aspectos do Nadal: a decoración das casas, a iluminación e acondicionamento, a compra dos alimentos, os agasallos e, finalmente, os residuos. Neste sentido, ofrécense receitas verdes e ideas sobre regalos alternativos, ecolóxicos e solidarios.
Ademais, a guía recolle cinco contos de Nadal, creados especialmente para esta ocasión por Anxos Sumai, Francisco Castro, Santiago Jaureguizar, Tamara Canosa e Victoria Rozados. Tamén se recollen dous contos tradicionais de H. C. Andersen: «O Abeto» e «A nena dos mistos».



