Memoria 2008

Arelas de Aquelar naceu no inverno do 2008 e dende a súa constitución organizamos diferentes actividades culturais:

 

1.- DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

17 de maio de 2007: 18 horas

Praza Pascual Veiga, Sanxenxo

 

* Recital aberto de poesía de Benigno Álvarez Blázquez, no que  participaron persoas de tódalas idades que quixeron aportar o seu gran de area.

* Concerto do cantautor do Baixo Miño, Tino Baz. que interpretou varios temas do seu último cd, integramente en galego, Cinsa namorada.

* Exposicións de carteis sobre a vida e obra do autor homenaxeado: Benigno Álvarez Blázquez.

* Stand de  venda de libros (literatura galega). mencionar que os libros que mais éxito tiveron entre os cativos foron OS BOLECHAS.

 

Esta actividade foi todo un éxito pois desenvolveuse nun espazo aberto e céntrico o que incentivou á participación polo público.

 

2.- EXPOSICIÓN E PRESENTACIÓN DO LIBRO: “O BARRO E AS TELLEIRAS”

 

O 30 de xuño de 2008: 21 horas.

Casa de cultura de Vilalonga.

 

* Exposición de paneis sobre as Telleiras existentes na Ría de Arousa.

* Presentación do libro “O Barro e as Telleiras” contando coa presenza dos autores do libro (Adela Leiro).

* Emisión dunha curtametraxe datada do ano 1983 sobre o traballo diario na industria da telleira, gravado na última telleira que seguía en funcionamento.

 

Para esta exposición contamos coa colaboración da Asociación de Profesores CANDEA, que son os autores da exposición.

 

3.- OUTRA OLLADA: actividade cultural turística e ambiental

 

No outono do 2008, organizamos coa asistencia técnica de VENTOS, un gabinete medioambiental, unha actividade cultural turística e ambiental.

 

Através desta actividade achegámono aos diferentes recursos naturais, históricos e turísticos da comarca do Salnés, identificando as súas potencialidades.

 

Outra ollada constou de dúas fases

 

* Charla – coloquio adicada ao sector turístico empresarial mais aberta a todo o público en xeral. Recursos:

 

ü      Formación e dinámica da Ría.

ü      Sistemas do Complexo Intermareal Umia – O Grove: dunas, lagoas, enseadas, marismas, cantís…

ü      Adaptacións de fauna e flora ás condicións da franxa intermareal, e interrelacións cos aproveitamentos pesqueiros e marisqueiros.

ü      A migración das aves acuáticas.

ü      Aproveitamentos tradicionais na costa: Telleiras, salinas, salgazón, e recollida de algas.

ü      Patrimonio histórico: Torres defensivas (sistema defesnsivo Lanzada – Santomé – Catoira), asentamentos castrexos, etc.

ü      Tradición oral e inmaterial: toponimia, xentilicios, rivalidades, lendas (Ero, nove ondas…)

ü      Equipamentos e instalacións presentes na comarca.

 

*  Visita guiada interpretativa no entorno da Lanzada cunha visión global dos

ü      compoñentes físicos, ecóloxicos e biolóxicos da zona.

ü      Dunas da Praia da Lanzada.

ü      Visita a Punta da Capela da Lanzada para coñecer nocións de xeoloxía e dos elementos culturais: patrimonio oral asociado a este enclave, Capela da Nosa Señora e restos da Torre de vixianza fronte a invasións de viquingos e sarracenos.

ü      Finalmente achegámonos a Punta Ostreira onde observamos as aves acuáticas e as plantas salobres así como a explicación das antigas salinas que dan nome á comarca do Salnés.

 

 

4.- LABOR DIVULGATIVA:        www.arelasdeaquelar.blogaliza.org

 

Arelas de Aquelar divulga a través de medios dixitais (blog e voipbuster) as actividades culturais de calquera forma de expresión e manifestación da lingua e cultura galega que se realizan en Galiza e con especial incidencia nas RÍAS BAIXAS.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp